Atalarico
Atalarico, nado no ano 516 e finado o 2 de outubro de 534, foi rei dos ostrogodos do 526 ao 534, como sucesor do seu avó materno Teodorico o Grande.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 516 (Gregoriano) |
Morte | 2 de outubro de 534 (Gregoriano) (17/18 anos) |
Rei de Italia | |
30 de agosto de 526 – 2 de outubro de 534 ← Teodorico o Grande – Teodato → | |
Rei dos ostrogodos | |
526 – 534 ← Teodorico o Grande – Teodato → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca, escritor |
Outro | |
Título | Rei |
Familia | Amalos |
Pais | Eutarico e Amalasunta |
Irmáns | Matasunta |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarEra fillo de Eutarico (morto en 522) e de Amalasunta, quen controlou o reino durante un período cando el era moi novo. Non soportando a rexencia dunha muller, nin a educación romana fornecida ao raparigo, nin o tratamento obsequioso de Amalasunta en relación a Bizancio, así como tampouco o seu espírito conciliador cos romanos, a nobreza gótica decide quitarlle o fillo e educalo segundo os costumes do seu pobo.
O mozo, con todo, non resistiu iso e morreu. Entón Amalasunta, que quería conservar o poder, casou con Teodato, duque de Tuscia e un dos xefes do partido nacional. Este, no entanto, exiliouna a unha illa do lago de Bolsena, onde a asasinou.
Predecesor: Teodorico o Grande |
Rei dos ostrogodos 526 – 534 |
Sucesor: Teodato |