[go: up one dir, main page]

Matasunta

princesa ostrogoda

Matasunta ou Matasuenda (en gótico: Mat(h)aswinþa, en latín: Mathesuentha ou Matesuentha; en grego: Ματασουνθα; en italiano Matasunta), nada no 518 e finada no 551 en Rávena, é filla de Eutarico e Amalasunta, e irmá de Atalarico. Teodorico o Grande (rei dos godos) e Audofleda (irmá de Clodoveo I, rei dos francos) foron os pais da súa nai, polo que é parte da liñaxe dos Amalos e da dinastía dos francos.[1][2]

Modelo:BiografíaMatasunta
Biografía
Nacemento518 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte551 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaAmalos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGermano
Vitixes Editar o valor en Wikidata
FillosGermano
 () Germano Editar o valor en Wikidata
PaisEutarico Editar o valor en Wikidata  e Amalasunta Editar o valor en Wikidata
IrmánsAtalarico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiro casamento

editar

Polo 536, casou con Vitixes, novo rei dos ostrogodos, mediante un matrimonio forzado porque Vitixes non era dunha liñaxe relevante e a princesa era reticente a casar con alguén de nivel inferior ó dela. Así e todo, Procopio de Cesarea afirma que, deste xeito, Vitixes lexitimaba a súa posición como rei[3] pois tralo asasinato da súa nai Amalasunta, ela era a única persoa da dinastía Amala.[2] O panexírico deste matrimonio (no 536) foi realizado por Casiodoro, prefecto do pretorio, e conservouse. Trátase dunha fórmula retórica romana que describe a dinastía gótica baixo unha visión romana favorable.

Durante a Guerra gótica de Italia, cando estando en Rávena, a cidade foi atacada polo exército bizantino no 538, planeou entrega-la cidade ás tropas sitiadoras baixo o mando do xeneral Xoán. No 539-540 algúns almacéns de gran foron destruídos e, tamén, se sospeitou que ela fora a instigadora dos lumes.[2] Finalmente, no 540, seu esposo Vitixes foi derrotado polo xeneral bizantino Belisario e este capturou a Vitixes e Matasunta e levounos a Constantinopla, onde Vitixes morreu sen descendencia.[4]

Segundo casamento

editar

Trala morte deste, Matasunta casou en 550 con Xermano Xustino, un xeneral e patricio curmán do emperador bizantino co que tivo un fillo, Xermanus, nado logo da morte de seu pai, a finais do 550 ou principios do 551. Este seu segundo matrimonio tamén tiña un significado político, pois Xermano, nomeado por Xustiniano comandante militar supremo de Italia,[2] estaba a preparar un exército para invadir Italia en mans dos ostrogodos antes de se produci-la guerra gótica.[5] Ao casar con Matasunta, converteuse nun posible pretendente ao trono dos ostrogodos, uníndose a través da súa muller á liñaxe dos Amalos. Esperaba poder inducir aos godos á paz: tiveron un fillo, tamén chamado Xermano, pero o seu esposo morreu no 551 e desbaratouse a idea dunha unión dinástica de Bizancio con Italia.

Sábese pouco, con certeza, sobre o seu fillo, aínda que hai autores que o identifican co patricio Xermanus, un senador importante no reinado do emperador Mauricio (que reinou do 582 ao 602), e cuxa filla casou con Teodosio,[6][7] o fillo máis vello de Mauricio. Outros autores, como Michael Whitby, identifícano con outro Xermanus, xenro de Tiberio II Constantino e Ino Anastasia.[8]

A fonte principal para a vida de Matasunta foi Xordanes que se refire a ela, na súa obra Gética, nos seguintes termos:[9]

Eutarico casou con Amalasunta e tivo dous fillos: Atalarico e Matasunta. Atalarico morreu sendo neno e Matasunta casou con vitixe, mais non tiveron fillos. O matrimonio foi capturado por Belisario e enviado a Constantinopla, onde vitixes morreu de causas naturais. Xermano (sobrió de xustiniano) tomouna por esposa e xuntos tiveron un fillo, tamén chamado Xermano. Á morte do seu marido, decidiu permanecer viúva.

Nas artes

editar

Matasunta foi un dos personaxes principais da novela ucrónica de ciencia ficción De peur que les ténèbres de Lyon Sprague de Camp en 1939.

Tamén é un dos personaxes da película de aventuras For the Conquest of Rome I (1968) de Robert Siodmak. O personaxe está encarnado pola actriz sueca Harriet Andersson .

  1. Martindale & Morris (1980)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Wolfram, Herwig (2008). "Matasunta". Trecani - Dizionario Biografico degli Italiani (en italiano). Consultado o 11-1-2020. 
  3. Procopius, Vol. II, De Bello Gothico I.11, p. 61.
  4. Chastagnol (1996)
  5. Bagnell Bury (1958), p. 254.
  6. Martindale & Jones & Morris (1992), pp. 528, 531–532
  7. Martindale & Morris (1980), pp. 505–506
  8. Whitby (1988), p. 77
  9. "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS. Capítulo XIV". people.ucalgary.ca (en inglés). (traducido por Charles C. Mierow). Consultado o 11-1-2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bagnell Bury, John (1958). History of the Later Roman Empire: From the Death of Theodosius I to the Death of Justinian (en inglés) II. Nova York: Dover Publications Incorporated. 
  • Chastagnol, André (1996). La fin du monde antique (en francés). París: Nouvelles Editions Latines. ISBN 9782723305266. 
  • Le Beau, Charles (1827). Histoire du Bas-Empire (en francés) VIII. París: Imprimerie de Firmin Didot. 
  • Martindale, John R.; Morris, John (1980). The Prosopography of the Later Roman Empire - Volume II, AD 395–527 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0521201599. 
  • Martindale, John R.; A. H. M, Jones; Morris, John (1992). The Prosopography of the Later Roman Empire - Volume III, AD 527–641 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. ISBN 0-521-20160-8. 
  • Whitby, Michael (1988). The Emperor Maurice and his historian: Theophylact Simocatta on Persian and Balkan warfare (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-822945-3.