Década de 1870
(Redirección desde «Anos 1870»)
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1870
- Artigo principal: 1870.
África
- O mercador de escravos Tippu Tip autoproclámase soberano dos territorios do lago Tanganika.
- Revolta do Baguirmi, estado vasalo do reino de Uadai (Chad). A capital Massenya fica destruída e 35 000 baguirmís son captivados como escravos.
América
- 1 de marzo - Fin da Guerra da Tripla Alianza: os aliados, o Brasil, a Arxentina e o Uruguai impoñen unha nova constitución a Paraguai, que perde un terzo do seu territorio en beneficio dos vencedores. O seu presidente, López, será executado.
Europa
- 18 de xullo - O Concilio Vaticano I proclama o dogma da infalibidade pontificia.
- 19 de xullo - Comeza a guerra franco-prusiana, tras a declaración bélica de Napoleón III contra Prusia.
- 1 de setembro - O exército francés, dirixido por Mac Mahon, capitula en Sedán, despois de perder a batalla alí celebrada.
- 4 de setembro - Proclámase a República en Francia.
- 19 de setembro - Iníciase o cerco de París polos prusianos (até o 28 de xaneiro de 1871).
- 20 de setembro - Batalla de Porta Pía: tropas italianas entran na cidade de Roma, completando a unificación de Italia. Desaparecen os Estados Pontificios que remontaban ao século VIII.
- 6 de novembro - As Cortes españolas decidiron a restauración da monarquía, logo de buscar posíbeles candidatos nas casas reais europeas, elixindo a Amadeu de Aosta.
Arte e cultura
- Jules Verne publica a novela Vinte mil leguas de viaxe submarina.
- 26 de xuño - Estrea de "As valquirias" (Die Walküre) en Múnic, ópera de Richard Wagner.
- Heinrich Schliemann comeza as escavacións en Hissarlik, Anatolia, lugar que se revelará como asentamento de Troia.
Ciencia e tecnoloxía
- 2 de xaneiro, Comeza a construción da Ponte de Brooklyn, en Nova York.
1871
- Artigo principal: 1871.
América
- 1 de xaneiro, Arxentina: entra en vigor o Código Civil arxentino, escrito por Dalmacio Vélez Sársfield.
Europa
- 1 de xaneiro, Apróbase oficialmente en España o sistema métrico decimal.
- 2 de xaneiro, O rei de España, Amadeu de Savoia, xura a Constitución.
- 18 de xaneiro - Proclámase formalmente en Versalles, Francia, o II Reich alemán. O rei Guillerme I de Alemaña, é aclamado como emperador.
- 8 de marzo - Primeiras eleccións xerais celebradas durante o reinado de Amadeu I.
- 10 de maio - Tratado de Frankfurt: pecha a guerra franco-prusiana. Alsacia e mais Lorena pasan a Alemaña, e Francia deberá pagar unha indemnización de 5.000 millóns de francos de ouro a Alemaña.
Arte e cultura
- 24 de decembro - Estrea da ópera de Giuseppe Verdi, Aida, na Ópera do Cairo.
1872
- Artigo principal: 1872.
- 2 de xaneiro, Brigham Young presidente da igrexa dos Mormóns é arrestado por poligamia (tiña 25 esposas).
- Revolución popular en Ferrol pedindo a república federal.
- 21 de abril - Comeza a terceira guerra carlista.
Arte e cultura
- Publícase a segunda edición, corrixida e aumentada, de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
- Jules Verne publica A volta ao mundo en oitenta días.
- Samuel Butler publica Erewhon.
1873
- Artigo principal: 1873.
- 11 de febreiro
- Abdica Amadeu I, rei de España.
- É proclamada a Primeira República Española.
- 2 de maio - Aparece en Vigo o periódico La Concordia.
- 16 de xullo - Aparece na Coruña o xornal El Ejemplo.
- 15 de setembro - Inauguración da primeira liña de ferrocarril de Galicia entre O Carril e Cornes (Conxo).
- Bolivia e o Perú asinan un tratado secreto de alianza militar. Historiadores chilenos menciónano como unha das causas da Guerra do Pacífico.
1874
- Artigo principal: 1874.
- 4 de xaneiro - Levantamento republicano en Zaragoza a causa do golpe de Estado do xeneral Manuel Pavía.
- 18 de marzo - Hawai firma o tratado de comercio cos Estados Unidos.
- 1 de xullo - Inaugúrase nos Estados Unidos o primeiro zoolóxico.
- 19 de outubro - Fundación da Universidade de Zagreb.
- 1 de decembro - Islandia aproba a súa primeira constitución e consegue unha autonomía limitada.
- 29 de decembro - Remata a I República Española.
- Santiago Ramón y Cajal é destinado a Cuba.
- George Johnstone Stoney fai a hipótese dunha unidade de carga eléctrica mínima.
1875
- Artigo principal: 1875.
- 11 de xaneiro - Afonso XII desembarca en Valencia, procedente de Barcelona, e diríxese cara a Madrid para ocupar o trono de España.
- Ten lugar en Santiago de Compostela a Exposición Rexional de 1875.
1876
- Artigo principal: 1876.
- 1 de xaneiro - Aparece en Ferrol o periódico La Resurrección de Galicia.
- 7 de febreiro - Comeza a publicarse O Tío Marcos da Portela, baixo a dirección de Valentín Lamas Carvajal.
- 1 de outubro - Publícase o primeiro número do xornal El Diario de Lugo, editado na capital lucense
- 29 de outubro - Fúndase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza.
- 5 de novembro - Publícase no O Tío Marcos da Portela o primeiro anuncio publicitario en lingua galega, de Máquinas pra coser d'a compañía fabril Singer [1].
1877
- Artigo principal: 1877.
- 1 de xaneiro, India: Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a Raíña Vitoria.
- 9 de maio, Romanía: independencia, separándose do Imperio Otomán.
Arte e cultura
- Publicación de Rumores de los pinos, primeiro libro do poeta galego Eduardo Pondal, que contén obra en galego e castelán.
1878
- Artigo principal: 1878.
Arte e cultura
- Publicación de O primo Basílio, novela do portugués José Maria Eça de Queirós (1845-1900).
1879
- Artigo principal: 1879.
- 14 de febreiro - Comezo da Guerra do Pacífico. Chile enfrontouse ao Perú e Bolivia.
- ↑ Deputación de Pontevedra Arquivado 14 de novembro de 2016 en Wayback Machine..