2 de xaneiro
día do ano
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 363 días para finalizar o ano, 364 nos anos bisestos.
Acontecementos
editarAta 1900
editar- 69 - As lexións da Xermania rebélanse nomeando emperador a Vitelio.
- 366 - Os alamáns cruzan o xeado río Rin invadindo o Imperio Romano.
- 533 - Mercurio é proclamado Papa, e como o seu nome evocaba un deus pagán é o primeiro en trocar de nome para o papado adoptando o de Xoán II
- 1482 - Establécese a Inquisición en Sevilla
- 1492 - Os Reis Católicos entran en Granada, que fora conquistada polos árabes.
- 1519 - Celébrase por primeira vez en Granada a procesión do Día da Toma, segundo o disposto no testamento do rei Fernando o Católico.
- 1521 - Real Cédula da raíña Xoana de Castela pola que se lle concede o título de vila a Mijas (provincia de Málaga).
- 1536 - Chega a Santa Marta (Colombia) a expedición do sevillano Pedro Fernández de Lugo que saíra de Tenerife en novembro do ano anterior.
- 1702 - Ten lugar en Tarifa (Cádiz) unha das máis grandes inundacións da súa historia. A riada ocorreu durante o día e non houbo que lamentar perda ningunha de vidas humanas.
- 1705 - Créase o corpo dos "Escopeteros Voluntarios de Getares" para vixilancia do contrabando na baía de Alxeciras. Tiña a súa sede na cidade de Tarifa (Cádiz) con corenta homes escollidos da veciñanza. O seu mando foille outorgado a Gaspar Salado, capitán das Milicias Urbanas Andaluzas.
- 1757 - O Reino Unido captura Calcuta, capital da India.
- 1762 - Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
- 1776 - Xosé II de Austria establece a abolición da tortura.
- 1782 - Xosé II de Austria promulga o Edicto de Tolerancia onde garante dereitos e obrigacións cidadás ós non cristiáns no seu país, incluíndo os xudeus.
- 1790 - Estrea da obra de teatro Cosi fan tutte en Viena de Wolfgan A. Mozart.
- 1791 - Ante o acollemento do primeiro número do xornal Mercurio peruano, este segue a editarse semanalmente cun número extra.
- 1814 - A Asemblea Representativa de Venezuela outorga a Simón Bolívar poderes absolutos.
- 1829 - Decrétase a expulsión dos españois residentes en México.
- 1833 - Gran Bretaña apodérase do arquipélago arxentino das illas Malvinas coa entrada da corveta Cleo en Puerto Soledad.
- 1839 - Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa.
- 1866 - O Goberno español pecha as cátedras do Ateneo.
- 1868 - A cidade de Asunción entrégase ós rebeldes que loitan contra o ditador de Paraguai, Francisco Solano López.
- 1870
- Comeza a construción da Ponte de Brooklyn.
- Convértese en monarquía constitucional a ditadura que exerceu en Francia Napoleón III.
- 1871 - O rei de España, Amadeu de Savoia, xura a Constitución.
- 1872 - Arrestado Brigham Young presidente da igrexa dos mormóns acusado de poligamia (tiña 25 esposas).
- 1874 - Emilio Castelar, presidente da República española, perde a confianza do Parlamento e presenta a súa dimisión.
- 1876 - As invasións dos pobos indíxenas en Tapalqué (Buenos Aires), foron polas tropas do coronel Conrado Villegas.
- 1882 - A Standard Oil Company de Ohio e varias subsidiarias constitúen a Standard Oil Trust
- 1886 - Francia establece o seu protectorado en Madagascar.
- 1890 - Fúndase a Universidade Nacional da Plata (Arxentina).
1901 - 1950
editar- O Goberno búlgaro denuncia o tratado comercial que o une a Austria-Hungría.
- Cuba: Publícase na "Gaceta Oficial" o decreto número 1, para a creación da Xunta Superior de Sanidade da illa de Cuba.
- 1904 - Os herdeiros sublévanse contra os colonos europeos en Windhoek e Okahuadja.
- 1905 - Durante a Guerra ruso-xaponesa Port Arthur cae en poder dos xaponeses.
- 1906 - María Tareixa de Borbón, infanta de España, celebra o seu casamento co infante Fernando de Baviera e Borbón.
- 1908
- 1909 - Pío Baroja publica a novela La ciudad de la niebla.
- 1910 - Cuba: Por primeira vez aplícase a "fórmula 606", na Quinta de Hixiene.
- 1912
- Inaugúrase en Alemaña o novo alumeado de gas de neon.
- Nun taller mecánico da Praza de las Vizcaínas da cidade de México, realízase o primeiro avión feito no país. Os seus construtores son o mexicano Juan Guillermo Villasana e o ruso inmigrante Santiago Poveregsky.
- Real Decreto polo que o rei Afonso XIII concede á vila de Adra (Almería) o título de cidade.
- 1913 - O Imperio Otomán renuncia ós seus territorios europeos, con excepción dos estreitos, e propón a independencia de Albania.
- 1914 - Afonso XIII disolve o Congreso.
- 1915 - Estréase en Barcelona a obra teatral La verdad de Jacinto Benavente.
- 1918 - Numerosas obras de arte son destruídas por un incendio no Palacio Real de La Granja (Segovia).
- 1919 - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava.
- 1921
- O vapor Santa Isabel vai a pique fronte a Sálvora, morrendo 213 persoas.
- Fúndase o Cruzeiro Esporte Clube, de Belo Horizonte, no Brasil.
- Inauguración do tramo de ferrocarril entre as localidades onubenses de La Palma e Bollullos.
- O marco alemán volve sufrir unha forte caída.
- Inglaterra e Francia non chegan a ningún acordo na Conferencia de Reparacións celebrada en París.
- 1924 - Celébrase en Madrid un gran combate de boxeo entre Morgan e Ambrosini.
- 1926 - Comenzan a emitirse en España os diarios radiofónicos, chamados "La palabra".
- 1928 - Arxentina: Fúndase o Clube Atlético Victoriano Arenas
- 1929
- Anúnciase a creación dun concurso de beleza, que permitirá a elección de "Miss España".
- Efectúase unha división territorial de Chile, quedando o país dividido en 16 provincias, e suprímense sete das existentes.
- Chiang Kai-shek asume a xefatura do poder civil na China.
- Contabilízanse en España 240 000 automóbiles matriculados.
- Estrea no teatro Alcázar de Madrid de La hermana San Sulpicio, de Armando Palacio Valdés.
- O presidente panameño Arosemena é destituído polo movemento nacionalista da Acción Comunal Patriótica.
- Un accidente ferroviario en Kazán (URSS) causa a morte de 65 persoas.
- Vaga de frío en toda España; en Madrid alcánzanse 7 graos baixo cero e 14 en Burgos.
- Edgardo Day realiza o traxecto entre Buenos Aires e Montevideo cun biplano Moth 60.
- Comenza en Barcelona o alzamento de anarquistas e sindicalistas.
- 1934 - O poeta español Vicente Aleixandre gaña o primeiro premio do Concurso Nacional de Poesía.
- 1937 - Acordo italobritánico sobre o mantemento do statu quo no Mediterráneo.
- 1938 - A poboación da Arxentina estímase en 12 761 500 habitantes segundo algúns xornais.
- 1939 - O físico atómico italiano Enrico Fermi exíliase en Nova York.
- 1940
- 1942 - Durante a segunda guerra mundial os xaponeses entran en Manila.
- 1944 - Tropas dos Estados Unidos desembarcan en Saida, Nova Guinea.
- 1945 - Avións estadounidenses atacan as illas de Formosa e Okinawa.
- 1949 - Luis Muñoz Marín convértese no primeiro gobernador elixido democraticamente de Porto Rico.
1951 - 2000
editar- O Tribunal Supremo español confirma as penas de morte impostas aos dous delincuentes que asasinaron unha anciá, á que roubaron 175 pesetas.
- A RDA négase a que unha comisión da ONU prepare a organización de eleccións libres no seu territorio.
- Dítanse en España novas normas de reorganización das Brigadas de Investigación Criminal, Político-social e Móbil.
- 1954 - O día antes do comezo das emisións da televisión italiana, o papa Pío XII advirte dos perigos que entraña a televisión para a familia.
- 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá é asasinado a tiros.
- 1956 - Estréase en Barcelona a película Johnny Guitar, dirixida por Nicholas Ray.
- 1958 - O Goberno de Caracas anuncia a rendición dos sublevados en Maracai.
- 1959
- Buques pesqueiros mexicanos son apresados pola mariña guatemalteca.
- Fidel Castro faise co poder en Cuba e Manuel Urrutia é nomeado presidente de Cuba polo Movemento 26 de Xullo.
- Os tres días de disturbios en Léopoldville causan 42 mortos.
- Lánzase a sonda rusa Lunik I, primeiro trebello mandado a Lúa.
- A URSS pon en circulación o novo rublo soviético.
- Fúndase en Sevilla a Agrupación Provincial de Canaricultores, nomeando primeiro presidente a Diego Muñoz Vega.
- Ayub Khan elixido presidente de Paquistán.
- Son liberados 23 misioneiras españolas e un crego que foran secuestrados polos rebeldes congoleses.
- 1966 - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato como presidente de Bolivia.
- 1968 - O doutor Christiaan Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón. Ese mesmo día parece ser que o dentista Philip Blaiberg é a segunda persoa en recibir, no hospital Groote-Schuur de Cidade do Cabo, un corazón alleo.
- 1971 - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia.
- 1973 - Reanúdanse en París as conversacións sobre Vietnam.
- 1976 - A Unión Soviética dificulta a súa política migratoria a pesar de asinar o acordo de Helsinqui de 1975, que avoga por un movemento máis liberal de persoas e ideas en Europa.
- 1978 - A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional de España.
- 1979 - Son asasinados un comandante do exército e un cabo da policía armada no País Vasco.
- 1981 - Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
- 1983
- Constitúese no Perú o segundo goberno do presidente Belaúnde Terry.
- O presidente francés François Mitterrand asegura que o seu país non reducirá o número de mísiles nucleares e sinala que as conversacións sobre o desarmamento entre os Estados Unidos e a Unión Soviética "non son asunto noso".
- Despedida da comedia musical "Annie" no Alvin Theater de Nova York (despois de 2377 representacións).
- 1984 - Cinco barcos iranianos son atacados e destruídos pola Armada iraquí no Golfo Pérsico.
- 1985
- Renfe pecha cerca de 1000 quilómetros de liñas férreas en España, dos que 750 corresponden a servizos de viaxeiros e proximidades.
- Kenya e Israel establecen relacións diplomáticas.
- Toma posesión do seu cargo o novo Gobernador de Porto Rico, Rafael Hernández Colón.
- O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a través do Estreito de Messina.
- Apróbase a Lei Electoral de Andalucía que ten por obxecto establecer o marco xurídico adecuado para a convocatoria e celebración de eleccións ó Parlamento de Andalucía.
- Decrétase o peche da emisora nicaraguana "Radio Católica", por negarse a transmitir, o día anterior, a mensaxe dirixida ó país polo presidente Daniel Ortega.
- O presidente do Estado checoslovaco, Václav Havel visita Berlín oriental e Múnic.
- Estatísticas do tráfico de 1989: 6054 vítimas en 5005 accidentes.
- 1991 - Rebeldes salvadoreños derriban un helicóptero estadounidense, perecendo os tres tripulantes, un polo choque e os outros dous aparentemente ultimados por guerrilleiros.
- 1992
- Entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na Unión Europea.
- Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna.
- As tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra.
- Pedro Roselló xura o seu cargo como novo gobernador de Porto Rico.
- Retirada masiva de depósitos dos clientes de Banesto trala intervención do banco por parte do Banco de España.
- Alfredo Sáenz, do Banco Bilbao-Vizcaya, faise cargo da entidade.
- 1995 - Barrionuevo pide o amparo do CGPJ e acusa o xuíz Baltasar Garzón de deixalo "indefenso".
- 1996 - Sindicatos e CEOE pactan somete-las folgas a unha mediación obrigatoria previa.
- 1997
- Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
- Un soldado dispara a seis palestinos en Tel Aviv.
- A oposición dos extremistas xudeus á evacuación de Hebrón volveu ameazar o delicado proceso de paz no Oriente Próximo, cun saldo de varios civís feridos e seis palestinos mortos.
- Kofi Annan inicia a súa xestión como secretario xeral das Nacións Unidas cunha premisa de reforma-lo organismo.
- Netanyahu e Yaser Arafat ó final chegan a un acordo: a saída do último soldado israelí será o 31 de agosto de 1998.
- Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe o ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsábel da matanza de Chiapas o 22 de decembro.
- O Goberno exclúe os sindicatos do plan de restitución dos bens incautados polo ditador Franco.
- O secretario xeral do sindicato abertzale LAB vincula unha tregua de ETA co fin da dispersión dos presos.
- Michael, o segundo fillo de Robert Kennedy, morre nun tráxico accidente na neve.
- Un morto e cinco feridos tras un atentado nunha taberna católica do norte de Belfast.
- Soben os prezos da gasolina, transporte por estrada, Correos e as primas de seguros.
- Malaisia di que expulsará un millón de traballadores estranxeiros para protexer o traballador malaio por mor da crecente crise financeira en Asia.
- O Papa condena o uso do diñeiro público con fins privados.
- A Orquestra Filharmónica de Viena rebasa os 1000 millóns de audiencia no tradicional Concerto de Aninovo.
- Un total de 349 aventureiros cubriu a primeira etapa do Rally París-Dakar.
- Comandos integristas asasinan 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria).
- Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno vasco.
- O goberno estuda conceder o terceiro grao aos 22 ex dirixentes de ETA, membros da mesa de Herri Batasuna.
- Cuba celebra o 40 aniversario do triunfo da Revolución.
- Queda fixada a paridade irrevogable do euro en 166,386 pesetas, e a súa oficialidade nos 11 países da zona euro: Austria, Alemaña, Francia, Italia, España, Países Baixos, Bélxica, Finlandia, Portugal, Irlanda e Luxemburgo.
- Forzas rebeldes derriban un avión de carga da ONU, que levaba oito persoas a bordo. É o segundo en caer na zona de guerra do altiplano angolano en oito días
- O piloto español Miguel Prieto triunfa na etapa inaugural do París-Dakar.
- A oposición triunfa nas Eleccións Parlamentarias de Croacia.
- Un garda civil resulta ferido tras o lanzamento de cócteles Molotov contra o cuartel bilbaíno de Galdakao.
- O ex axente da KGB, Vladimir Putin, exerce como presidente en funcións de Rusia tras a dimisión de Boris Eltsin.
- Liberan o Airbus indio que estaba secuestrado no aeroporto afgán de Kandahar.
- O Nasdaq rexistra en 1999 unha revalorización do 85%.
- Nace o fillo dunha muller que levaba 47 días clinicamente morta.
2001 -
editar- O goberno salvadoreño de Francisco Floresdecide adopta o dólar como moeda nacional.
- Os españois do século XXI apoian a eutanasia, a clonación con fins médicos e os casamentos entre homosexuais.
- O terrorista "demonio", fuxido en Bidart, é considerado polo Interior o novo xefe do aparello loxístico etarra.
- Suecia toma o relevo de Francia na presidencia da UE.
- Seis palestinos, entre eles dous nenos, morren en Cisxordania nun tráxico comezo de ano.
- O Tribunal de Defensa da Competencia endurecerá as condicións da fusión entre as empresas do sector enerxético Endesa e Iberdrola.
- Cinco mortos e seis desaparecidos son o tráxico resultado ocasionado polo temporal no Pireneo.
- Piden rescate polos dous lenzos de Renoir e o Rembrandt roubados en Estocolmo.
- Ibarretxe anunciará medidas xurídicas e sociais contra a prórroga do Concerto Económico Vasco.
- O peronista Duhalde negocia co seu partido se-lo quinto presidente da Arxentina en dúas semanas.
- A estrea da nova moeda, o euro, pon a proba os bancos e as caixas de aforros.
- Os fortes incendios forestais en Australia avanzan cara ó centro de Sydney.
- Michael Jordan despide o ano 2001 demostrando que é o mellor baloncestista da NBA
- O HCR culmina a repatriación de máis de 25 000 somalís refuxiados no campo etíope de Daror.
- Cinco persoas son condenadas na China a penas de entre 5 e 10 anos de cárcere por organizar motíns populares.
- Berlín encarece os envases que degradan o medioambiente, pero devolverá a diferenza se se reciclan.
- A noite de aninovo deixa en Filipinas un saldo de doce mortos e 423 feridos.[Cómpre referencia]
- Serbios, bosníacos e musulmáns discrepan sobor a conmemoración do asasinato do arquiduque Francisco Fernando ocorrida no 1914.
- Os inspectores da ONU visitan cinco instalacions máis en Bagdad e os seus arredores en Takrit.
- Un barco con 70 000 toneladas de gasóleo choca perante a costa francesa.
- O estudo de rochas nos glaciares indica que o xeo antártico occidental podería derreterse en 7000 anos.
- O paro causa unha perda de 750 millóns de dólares no seu primeiro mes para o Goberno de Chávez.
- Rexistrado un tremor de 5,3 graos na escala Richter en Cidade de México.
- Israel ten no seu poder máis de 200 cabezas nucleares e é a sexta potecia nuclear, segundo a axencia Irna.
- Un tremor de 6,3 graos sacode as illas de Balí e Lombok causando dous feridos e danos materiais.
- Irlanda comenza a súa presidencia nunha UE en plena crise.
- Dous mortos e 25 feridos nunha explosión de artigos de pirotecnia na Arxentina.
- Ascende a 186 mortos e o menos 97 feridos polo incendio dunha discoteca, os feridos encóntranse en estado crítico en hospitais de Buenos Aires.
- Un total de 511 persoas morreron en accidentes de tráfico en Israel durante o pasado ano 2004.
- Media ducia de réplicas sacoden as illas de Andamán e Nicobar.
- Morren 20 persoas nun atentado o norte de Bagdad.
- O número de mortes polo maremoto de magnitude 9 confirmadas é 123 365, aínda que o balance final pode supera-las 150 000. O balance estipulouse do seguinte xeito: Indonesia (80 246), Sri Lanka (28 729), India (8.955), Tailandia (4985), Somalia (200), Birmania (90), Maldivas (80), Malaisia (67), Tanzania (10), Bangladesh (2) e Kenya (1).
- Hyundai inviste 860 millóns no seu proxecto turístico en Corea do Norte, que xa visitaron 800 000 persoas.
- Autobuses israelís trasladan miles de palestinos a Exipto para que acodan á peregrinación á Meca.
Nacementos
editar- 1566 - Luisa Carvajal Mendoza, poetisa española.
- 1727 - James Wolfe, xeneral británico durante a Guerra franco-india.
- 1758 - Juan José Paso, político arxentino.
- 1776 - Frei Patricio de las Torres, escritor español.
- 1777 - Christian Daniel Rauch, escultor alemán.
- 1816 - Benjamin Hobson, misioneiro na China.
- 1817 - José Mármol, poeta arxentino.
- 1822 - Rudolf Clausius, físico alemán.
- 1836 - Mendele Moykher Sforim, escritor belaruso.
- 1858 - José de Santiago Gómez, historiador, avogado e escritor galego (m. 1920).
- 1870 - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán.
- 1873 - Santa Tareixa de Lisieux, relixiosa francesa.
- 1880 - Rafael González Madrid, "Machaquito", toureiro español.
- 1886 - Florence Lawrence, inventora e actriz canadense (f. 1938).
- 1890 - Leónidas Anastasi, avogado e xurisconsulto arxentino.
- 1895 - Conde Folke Bernadotte, diplomático sueco.
- 1896 - Dziga Vertov, director de cine ruso.
- 1905 - Michael Tippett, compositor británico.
- 1912 - Renato Guttuso, pintor italiano.
- 1913 - Anna Lee, actriz británica.
- 1916 - Líbero Badii, escultor e pintor arxentino de orixe italiana.
- 1917 - Vera Zorina, bailarina e actriz alemá.
- 1920 - Isaac Asimov, escritor e científico estadounidense de orixe rusa.
- 1920 - Federico Fellini, cineasta italiano.
- 1920 - Vicente Palacio Atard, historiador español.
- 1922 - Renata Tebaldi, soprano italiana.
- 1922 - María Fux, escritora española.
- 1928 - Daisaku Ikeda, poeta, escritor e filósofo xaponés.
- 1932 - Edward Malefakis, historiador estadounidense
- 1933 - Julieta Serrano, actriz española
- 1934 - Víctor García de la Concha, filólogo e profesor español.
- 1934 - Edward L. Romero, embaixador estadounidense en España.
- 1935 - José Martínez de Genique, ministro español de Agricultura.
- 1936 - Roger Miller, músico estadounidense.
- 1937 - David Bailey, fotógrafo americano.
- 1938 - Norman Briski, actor arxentino.
- 1938 - Hans Herbjørnsrud, escritor noruegués.
- 1940 - Manuel Azpilicueta, presidente do Círculo Español de Empresarios.
- 1941 - Pedro Manuel Damas Rico, enxeñeiro e político español.
- 1943 - Emilio Disi, actor e director arxentino.
- 1945 - Linda Peretz, actriz arxentina.
- 1946 - Tomás de la Quadra Salcedo, exministro, mestre e político español.
- 1946 - Francisco Martín Morales, humorista gráfico español.
- 1947 - Tereixa Navaza, xornalista galega.
- 1947 - Elsa Baeza, cantante e actriz española de orixe cubana.
- 1949 - Chick Churchill, músico británico.
- 1951 - Jordi García Candau, director xeral de RTVE.
- 1953 - Juan Fernández-Amesto, presidente da CNMV.
- 1953 - Joan Bibilone, músico brasileiro.
- 1954 - Antón Lamazares, pintor galego.
- 1958 - Colomán Trabado Pérez, atleta español.
- 1962 - Carmelo Gómez, actor español.
- 1963 - Luis Dántin, piloto español de motociclismo.
- 1963 - Xesús Constela, escritor galego.
- 1965 - Diane Lane, actriz estadounidense.
- 1966 - Basilei Boli, futbolista ucraíno.
- 1967 - Tia Carrere, actriz hawaiana.
- 1968 - Cuba Gooding Jr., actor estadounidense.
- 1969 - Christy Turlington, modelo norteamericana.
- 1970 - Arnaldo Alvarado, programador e deseñador gráfico español de orixe venezolana.
- 1975 - Emmanuel Horvilleur, solista suramericano.
- 1975 - Dax Shepard, actor estadounidense.
- 1976 - Paz Vega, actriz española.
- 1976 - Laura Alonso Padín, soprano operística galega.
- 1979 - Francisco Abel Segovia Vega, futbolista español.
Mortes
editar- 1557 - Jacopo da Carucci "Il Pontormo", pintor italiano
- 1614 - Luisa Carvajal y Mendoza, poetisa española.
- 1819 - María Luisa, raíña de España, muller de Carlos IV.
- 1830 - Xosé Ferreiro, escultor neoclásicista galego (n. 1738).
- 1850 - Manuel de la Peña y Peña, expresidente de México.
- 1868 - Marcos Paz, presidente da Arxentina.
- 1871 - Margarita Maza de Juárez, muller de Benito Juárez, presidente de México
- 1873 - Napoleón III, emperador de Francia.
- 1890 - Julián Gayarre, tenor español.
- 1915 - Cayetano del Toro e Quartiellers, oftalmólogo español, alcalde de Cádiz.
- 1921 - Emilio Bobadilla, escritor e xornalista cubano
- 1948 - Vicente Gracía Huidobro, poeta chileno
- 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá
- 1960 - Fausto Coppi, ciclista italiano
- 1964 - Pío Fonty Quer, botánico español
- 1974 - Tex Ritter, actor e músico estadounidense
- 1977 - Erroll Garner, pianista estadounidense de jazz
- 1980 - Larry Williams, músico norteamericano
- 1981 - David Lynch, músico británico
- 1982 - Paul Belmondo, escultor francés.
- 1984 - Sebastià Juan Arbó, escritor español.
- 1987 - Ramón Castroviejo, oftalmólogo español.
- 1991 - Edmon Jabs, poeta sefardí de orixe exipcia.
- 1994 - César Romero, actor estadounidense.
- 1995 - Mohamed Siyad Barre, presidente da República de Somalia.
- 1995 - Manuel Rivera Hernández, pintor español.
- 1997 - Joan Coromines, filólogo e escritor español.
- 1997 - Randy California, músico estadounidense.
- 1999 - Rolf Liebermann, compositor suízo.
- 1999 - Joan Brossa, poeta español.
- 2000 - Ana Martínez Sagi, xornalista e deportista española.
- 2000 - María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, condesa de Barcelona e nai do rei de España, Xoán Carlos I.
- 2000 - Nicholas Muller, fotógrafo húngaro.
- 2000 - Patrick O'Brien, historiador e novelista británico.
- 2002 - Pablo Antonio Cuadra, poeta e xornalista nicaraguano.
- 2017 - John Berger, escritor inglés (n. 1926).[1]
- 2017 - Mercedes Bará, pintora galega (n. 1927)
Festas e celebracións
editar- Granada. A Toma, conmemoración da conquista da cidade polos Reis Católicos, o 2 de xaneiro de 1492.
- Grisuela do Páramo, Bustillo do Páramo "León" (A Circuncisión do Señor)
- Valdesogo de Abajo, Villaturiel "León" (A Circuncisión do Señor)
Outros
editar- Santoral: A vida da Nosa Señora do Pilar; Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno (Bispos e Doutores); Isidoro, Martiniano e Siridión (Bispos); Acucio, Argeo, Narciso e Marcelino (Mártires); Macario (Abade); Edelmira e Estefanía (Virxes); Pedro (Abade de Armenteira); Adelardo (Santo).
Notas
editar- ↑ McNay, Michael (02/01/2017). The Guardian, ed. "John Berger obituary" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017.