Acre, Brasil
O Acre é un estado brasileiro situado no suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e o Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.
Acre (pt) | |||||
Himno | Hino do Acre (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Rio Aquiri (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Río Branco | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 758.786 (2012) (4,97 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua poianaua (pt) Língua culina (pt) Língua katukina (pt) Língua caxinauá (pt) Lingua amahuaca Ucayali–Yurúa Ashéninka (en) Língua Yaminauá (pt) Língua katukina-pano (pt) Língua caxarari (pt) Tuxináwa (en) Nukuiní (pt) Língua iauanauá (pt) Dialeto amondaua (pt) Machinere (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 152.581 km² | ||||
Altitude | 234 m | ||||
Punto máis alto | Serra do Divisor (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 15 de xuño de 1962 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Governo do Acre (pt) | ||||
• Governador (pt) | Gladson Cameli (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Acre (pt) , (Escano: 24) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 69900-000 to 69999-000 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-AC | ||||
Páxina web | ac.gov.br |
Un planalto con altitude media de 200 m domina gran parte do Acre. Os seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.
O ambientalista e líder sindicalista Chico Mendes, asasinado en 1988, e a ambientalista e política brasileira Marina Silva son orixinarios deste estado.
Historia
editarAta o inicio do século XX o Acre pertencía a Bolivia, pero dende o comezo do século XIX, gran parte da súa poboación estaba formada por brasileiros que exploraban o caucho e que, na práctica, acabaron creando un territorio independente. En 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros revolvéronse.
O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recibiu a posesión definitiva da rexión a cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construír o ferrocarril Madeira-Mamoré. Así, o Acre foi integrado ao Brasil como territorio.
O 15 de xuño de 1962, foi elevado á categoría de Estado.
Economía
editarA economía do estado baséase na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho a fins do século XIX e comezo do XX.
Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Acre |