Gore Vidal
Eugene Luther Gore Vidal, máis coñecido como Gore Vidal, nado en West Point (Nova York) o 3 de outubro de 1925 e finado nos Ánxeles o 31 de xullo de 2012,[1][2] foi un escritor, ensaísta, militar, guionista e periodista estadounidense, candidato ao Premio Nobel de Literatura.
Durante gran parte dos últimos anos do século XX, Vidal dividiu o seu tempo entre Ravello (Italia, na Costa Amalfitana), e Os Ánxeles. En 2003, vendeu a súa casa de Ravello para pasar a maior parte do seu tempo nos Ánxeles. En novembro de 2003, morreu o seu compañeiro de moitos anos, Howard Austen. Foron, a súa homosexualidade, así como as súas ideas políticas progresistas, as causas principais da animadversión que xerou nas distintas administracións estadounidenses, sendo obxectivo marcado desde a época do McCarthismo.
Gore Vidal foi socio honorario da Sociedade Nacional Laica.
Traxectoria
editarFillo de Eugene Vidal e Nina Gore, considerados membros da chamada aristocracia dos Estados Unidos, e vinculados ao Partido Demócrata, naceu na famosa Academia Militar dos Estados Unidos (West Point), onde seu pai era instrutor aeronáutico. Posteriormente, Vidal adoptou como nome propio o apelido do seu avó materno, Thomas P. Gore, quen fora senador demócrata por Oklahoma.
De neno levárono a Washington, D.C., onde estudou no colexio St. Albans. Seu avó Gore estaba por entón cego, e o mozo Vidal líalle en voz alta, ademais de exercer frecuentemente como guía seu, o que lle deu acceso aos corrillos do poder (algo pouco usual para un rapaz). O non-intervencionismo do senador Gore foi desde aquela unha das bases fundamentais da filosofía política de Vidal, quen sempre foi crítico co que el percibiu como «imperialismo estadounidense».
Tras a súa graduación na Phillips Exeter Academy, Gore alistouse na reserva do Exército dos Estados Unidos en 1943.
Obras
editarEnsaio e non ficción
editar- Rocking the Boat (1963)
- Reflections Upon a Sinking Ship (1969)
- Sex, Death and Money (1969)
- Homage to Daniel Shays (1973)
- Matters of Fact and of Fiction (1977)
- The Second American Revolution (1982)
- Armageddon? (1987)
- At Home (1988)
- A View From The Diner's Club (1991)
- Screening History (1992)
- Decline and Fall of the American Empire (1992)
- United States: essays 1952–1992 (1993)
- Virgin Islands (1997)
- The American Presidency (1998)
- Sexually Speaking: Collected Sex Writings (1999)
- The Last Empire: essays 1992–2000 (2001)
- Perpetual War for Perpetual Peace or How We Came To Be So Hated (2002)
- Dreaming War: Blood for Oil and the Cheney-Bush Junta (2002)
- Inventing a Nation: Washington, Adams, Jefferson (2003)
- Imperial America: Reflections on the United States of Amnesia (2004)
- Point to Point Navigation: A Memoir (2006)
- The Selected Essays of Gore Vidal (2008)
- Gore Vidal: Snapshots in History's Glare (2009)
Teatro
editar- Visit to a Small Planet (1957)
- The Best Man (1960)
- On the March to the Sea (1960-1961, 2004)
- Romulus (1962)
- Weekend (1968)
- Drawing Room Comedy (1970)
- An evening with Richard Nixon (1970)
Novela
editar- Williwaw (1946)
- In a Yellow Wood (1947)
- The City and the Pillar (1948)
- The Season of Comfort (1949)
- A Search for the King (1950)
- Dark Green, Bright Red (1950)
- The Judgment of Paris (1952)
- Messiah (1954)
- A Thirsty Evil (1956)
- Julian (1964)
- Washington, D.C. (1967)
- Myra Breckinridge (1968)
- Two Sisters (1970)
- Burr (1973)
- Myron (1974)
- 1876 (1976)
- Kalki (1978)
- Creation (1981)
- Duluth (1983)
- Lincoln (1984)
- Empire (1987)
- Hollywood (1990)
- Live from Golgotha: The Gospel according to Gore Vidal (1992)
- The Smithsonian Institution (1998)
- The Golden Age (2000)
- Clouds and Eclipses: The Collected Short Stories (2006) (relatos curtos, cos mesmos que A Thirsty Evil (1956), pero cun conto antes non publicado, Clouds and Eclipses)
Obra baixo pseudónimo
editar- A Star's Progress (tamén coñecida como Cry Shame!) (1950) como Katherine Everard
- Thieves Fall Out (1953) como Cameron Kay
- Muerte en la noche (1953) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4002-X
- Muerte en la quinta posición (1954) como Edgar Box. Edhasa, 1986. ISBN 84-350-4000-3
- Death Likes It Hot (1954) como Edgar Box
Notas
editar- ↑ «Gore Vidal, crítico mordaz del modo de vida americano, fallece a los 86 años» El País. Consultado o 1 de agosto de 2012
- ↑ «Prolific, Elegant, Acerbic Writer» The New York Times. Consultado o 1 de agosto de 2012
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Gore Vidal |
- Mundoarabe.com Arquivado 18 de novembro de 2011 en Wayback Machine. - Soñando la guerra
- Voltairenet.org - Bush, el presidente más tonto y peligroso de EEUU
- Bush, golpista que demolió la Constitución: Vidal
- Entrevista The Independent UK 2009 Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.