Diane Lane
Diane Colleen Lane, nada en Nova York o 22 de xaneiro de 1965, é unha actriz estadounidense. Foi candidata aos Óscar, Globos de Ouro, Premios do Sindicato de Actores e Emmy.[1]
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1965 (59 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Hunter College High School (en) Professional Children's School (en) Savannah Christian Preparatory School (en) |
Altura | 1,7 m |
Peso | 55 kg |
Cor dos ollos | Gray (en) |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de dobraxe, actriz de cinema, modelo, actriz de teatro |
Período de actividade | 1979 - |
Familia | |
Cónxuxe | Josh Brolin (2004–2013) Christopher Lambert (1988–1994) |
Nai | Colleen Farrington |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarDiane Lane naceu en 1965 en Nova York, filla de Colleen Farrington, cantante de discotecas e moza Playboy en de outubro de 1957, e de Burton Lane Eugene, dramaturgo que tamén traballou como guionista.[2] A avoa materna de Lane, Agnes Scott, foi predicadora e a teatralidade dos seus sermóns influíu a Diane para converterse en actriz. Os seus pais divorciáronse cando aínda era un bebé, e foi criada polo seu pai.[2]
Lane comezou a actuar profesionalmente aos seis anos no La MaMa Experimental Theatre Club de Nova York, ademais de interpretar obras de William Shakespeare no Festival Shakespeare de Nova York, onde apareceu nas aclamadas producións de Medea (interpretadas no grego clásico orixinal de Eurípides) e The Cherry Orchard, entre outras. Grazas ás xiras mundiais destas obras viaxou por todo o mundo. Aos trece anos de idade, en 1979, debutou no cinema xunto a Laurence Olivier no filme A Little Romance, dirixido por George Roy Hill.
Lane tivo éxito de público cos seus papeis nos filmes The Outsiders (1983) e Rumble Fish (1983). Máis tarde participou en dous novos filmes, Streets of Fire (1984) e Cotton Club (1984), que non funcionaron como se esperaba tanto desde o punto de vista crítico como comercial, recibindo unha candidatura ao Razzie por ambas as actuacións.[1] Non foi ata a súa participación na popular e aclamada serie de televisión Lonesome Dove (1989), con Robert Duvall, cando recuperou o favor da crítica e do público, recibindo unha candidatura aos Emmy na categoría de mellor actriz nunha miniserie ou telefilme.[1][3] A continuación aparecu no filme de ficción científica Xuíz Dredd (1995), xunto con Sylvester Stallone, Jack (1996), xunto a Robin Williams, Asasinato na Casa Branca (1997) en que compartiu cartel con Wesley Snipes[4] ou A Walk on the Moon (1999), con Viggo Mortensen.[5]
Despois chegaron filme como A tormenta perfecta (2000) en que apareceu xunto a George Clooney e Mark Wahlberg e que recadou máis de 320 millóns de dólares en todo o mundo.[6] Protagonizou con Keanu Reeves o drama deportivo Hardball (2001) que entrou como número un nos Estados Unidos, aínda que non foi ben acollida pola maioría dos críticos.[7][8] O ano seguinte, compartiu pantalla con Richard Gere en Unfaithful (2002), dirixida por Adrian Lyne, o que a levou a ser candidata ao Óscar á mellor actriz, ao GGlobo de Ouro á mellor actriz dramática e o Actors Guild Award á mellor actriz protagonista pola súa interpretación dunha muller que cometía adulterio cun home máis novo que ela, interpretado por Olivier Martínez.[1] O filme recadou 119 millóns de dólares en todo o mundo.[9] Despois desta actuación, participou na comedia romántica Under the Tuscan Sun (2003), xunto con Raoul Bova, que lle valeu unha nova candidatura aos Globos de Ouro, na categoría de mellor actriz nunha comedia ou musical.[1]
Os seus seguintes proxectos incluíron a comedia romántica Must Love Dogs (2005), con John Cusack, o drama Hollywoodland (2006), no que compartiu cartel con Ben Affleck e Adrien Brody, que recibiu eloxios de boa parte da prensa cinematográfica,[10] e o suspense Untraceable (2008). Este último non funcionou comercialmente.[11] En 2008 tamén apareceu brevemente en Jumper (2008) en que interpretou a nai de Hayden Christensen e no drama Nights in Rodanthe (2008) onde volveu coincidir con Richard Gere. O filme baseouse nunha novela de Nicholas Sparks, mais recibiu pouco apoio da prensa e do público.[12][13]
Vida privada
editarDiane Lane foi a parella da estrela de rock Jon Bon Jovi, que lle dedicou a canción "You Give Love to Bad Name" nos anos oitenta.[14]
Tamén estivo casada co actor Christopher Lambert ao que coñeceu en París. Casaron en outubro de 1988 en Santa Fe, Novo México.[14] Tiveron unha filla, Jasmine Eleanor Lambert, nada o 5 de setembro de 1993 e divorciáronse despois dunha longa separación en 1994.[2]
Despois de convivir durante moito tempo co director Danny Cannon, que a dirixiu no filme Xuíz Dredd (1995), a actriz casou co compañeiro Josh Brolin o 14 de agosto de 2004.[2] O 20 de decembro dese mesmo ano chamou á policía tras un altercado con el, e Brolin foi arrestado por un delito menor. Lane negouse a presentar cargos; non obstante, o voceiro da parella describiu o incidente como un malentendido.[15]
O 22 de febreiro de 2013 coñeceuse a ruptura do matrimonio entre Lane e Josh Brolin.[16]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Premios e candidaturas de Diane Lane
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Biografía de Diane Lane
- ↑ Crítica de Lonesome Dove Lane Rotten Tomatoes
- ↑ Recadación de Judge Dredd Box Office Mojo
- ↑ Crítica de A Walk on the Moon Rotten Tomatoes
- ↑ Recadación de The Perfect Storm Box Office Mojo
- ↑ Box Office 14-16 de setembro de 2001 Box Office Mojo
- ↑ Crítica de Hardball Rotten Tomatoes
- ↑ Recadación de Unfaithful Box Office Mojo
- ↑ Respuesta crítica a Hollywoodland Rotten Tomatoes
- ↑ Recadación de Untraceable Box Office Mojo
- ↑ Recaudación de Nights in Rodanthe Box Office Mojo
- ↑ Respuesta crítica a Nights in Rodanthe Rotten Tomatoes
- ↑ 14,0 14,1 Diane Lane Relationships whosdatedwho.com
- ↑ Lane calls cops & hubby's arrested newyorkdaily.com
- ↑ Diane Lane y Josh Brolin ponen fin a su matrimonio
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diane Lane |
Bibliografía
editar- Ascher-Walsh, Rebecca. "Confidence: The Ultimate Seducer". Men's Health. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2010. Consultado o 25 de marzo de 2010.
- "Diane Lane: Her Best Roles". Empire.
- Directo, Debby (23 de marzo de 2015). "Behind the scenes with 21-year-old Julia Roberts". CBS News.
- Hensley, Dennis (1 de xuño de 2000). "Diane Lane: Lane Changes". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011.
- Kaplan, Michael (1 de abril de 1996). "Diane Lane: A Career with a View". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011.
- Radziwill, Carole (1 de setembro de 2008). "Gorgeous At Any Age: Diane Lane". Glamour. Consultado o 25 de marzo de 2010.
- Rebello, Stephen (1 de outubro de 2003). "Diane Lane: Sudden Lane Changes". Movieline. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011.
- Robinson, Tasha (7 de outubro de 2010). "Interview: Diane Lane". The Onion (A.V. Club). Consultado o 8 de outubro de 2010.