[go: up one dir, main page]

Batalla de Stalingrado

batalla da Segunda Guerra Mundial


A batalla de Stalingrado (ou Estalingrado) foi un punto de mudanza na segunda guerra mundial, e é considerada unha das batallas máis violentas da historia. A batalla incluíu o ataque alemán na cidade do sur de Rusia, Stalingrado (hoxe Volgogrado), a batalla dentro da cidade, e a contraofensiva soviética que eventualmente emboscou e destruíu as forzas do Eixo dentro e á volta da cidade. O total das baixas en ambos os dous lados estímase en preto de dous millóns de persoas, incluíndo civís. As forzas do Eixo perderon un cuarto do total dos seus homes na fronte oriental, e nunca se recuperaron da derrota. Para os soviéticos, que perderon máis dun millón de soldados e de civís durante a batalla, a vitoria en Stalingrado marcou o inicio da liberación da Unión Soviética, culminando coa vitoria sobre a Alemaña nazi no 1945.

Batalla de Stalingrado

Mapa da batalla de Stalingrado.
Data: 17 de xullo de 19422 de febreiro de 1943
Lugar: Stalingrado, Unión Soviética
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: vitoria decisiva soviética
Combatentes
Alemaña nazi Alemaña
Reino de Italia Italia
Hungría
Romanía
Unión Soviética Unión Soviética

Historia

editar

O 22 de xuño do 1941 o exército alemán e mailos seus aliados invadiron a Unión Soviética na chamada Operación Barbarroxa, avanzando rapidamente para dentro do territorio soviético. Tendo sufrido derrota tras derrota no verán e inverno de 1941, as forzas soviéticas contraatacaron a grande escala nos portóns da capital soviética, na batalla de Moscova, no decembro do 1941. Os alemáns, exhaustos, mal equipados para guerra no inverno e coas liñas de soporte moi longas, foron arrastrados fóra do alcance de Moscova.

Os alemáns estabilizaron a súa fronte na primavera do 1942. Non obstante, as baixas da campaña de 1941, máis as perdas de blindados e de material militar, tornaban imposible a retomada dunha ofensiva en toda a fronte oriental, obrigando a Hitler a ter como punto de partida unha ofensiva apenas sectorial en 1942. Os planos para lanzar unha segunda ofensiva contra Moscova foron rexeitados, non apenas porque o grupo central do exército fora demasiado enfraquecido para un ataque, e máis porque, alén diso, tal ataque sería "demasiado obvio", contrariando a filosofía da Blitzkrieg ou guerra relampo, que consistía en atacar onde o inimigo menos agardaba, para poder obter vitorias rápidas antes de que se crease defensa algunha. Por este motivo consideráronse novas ofensivas no norte (Leningrado) e sur (Ucraína). Os alemáns mantivéronse no control, non obstante, de dous saíntes nas proximidades de Moscova, de maneira que fose posible unha ofensiva na fronte central.

Operación Azul

editar
 
Centro da cidade de Stalingrado trala vitoria soviética sobre as tropas do Eixe.

No fin, o grupo sur do exército, que previamente conquistara Ucraína e a Crimea - a posesión desta península, completada despois do cerco e a posesión da fortaleza de Sebastopol, evitaba a posibilidade dun contraataque soviético na retagarda alemá - seleccionouse para un rápido avance cara a fronte a través do sur soviético cara ao Cáucaso, a fin de capturar campos vitais de petróleo soviéticos, así como abrir a posibilidade dunha entrada de Turquía na guerra ao lado dos alemáns, crear a posibilidade dun futuro movemento de tenaces no Oriente Medio en apoio ao Afrika Korps, e eliminar a escuadra soviética do Mar Negro. A ofensiva no verán tivo como nome en clave "Fall Blau" ("Caso Azul"). Incluiría o 6º e 7º exércitos e a 4ª e 7ª divisións Pancer.

 
A Casa de Pavlov foi defendida dos ataques alemáns polo pelotón do sarxento Yakov Pavlov durante dous meses, do 27 de setembro ao 25 de novembro de 1942.

Hitler interveu, con todo, no plano estratéxico, ordenándolle ao grupo sur do exército dividirse en dous. O grupo sur do exército (A), baixo o comando de Erich von Manstein e Ewald von Kleist, continuaría ao avance cara ao sur en dirección ao Cáucaso como planexado. O grupo sur do exército (B), incluíndo o 6º exército de Friedrich Paulus e a 4ª división de Pancer de Hermann Hoth, debería moverse cara ao leste en dirección ao río Volga e á cidade de Stalingrado.

A captura de Stalingrado era importante para Hitler por diversas razóns. Era unha das principais cidades industriais, localizada no río Volga, que era unha ruta de transporte vital entre o Mar Caspio e o norte ruso. A súa captura aseguraría o flanco esquerdo dos exércitos alemáns en canto avanzaban para o Cáucaso. Mais xamais foi sequera considerada - nun sinal patente da crecente fraqueza do exército alemán - a posibilidade de tomar Stalingrado mediante un movemento de tenazas blindadas, xa que tales unidades blindadas eran simplemente inexistentes; intentouse a toma da cidade mediante combates de infantaría, casa por casa. O continuo desgaste das forzas alemás determinou que fosen utilizadas, na fronte de Stalingrado, unha cantidade crecente de forzas militares doutros membros do Eixo (italianos e romanos) de fraco valor militar e pouco fiables. Finalmente, o feito de que esa cidade tiña o nome do inimigo de Hitler, Iosif Stalin, fixo da captura da cidade motivo de propaganda. Fíxoo de tal xeito que conseguiu que o propio Stalin - que durante moito tempo persistira en considerar a ofensiva alemá en dirección a Moscova - acabase por pensar do mesmo xeito.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Filmografía

editar

Museos

editar

Outros artigos

editar