José María Posada
José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.
Nome orixinal | (gl) Xosé María Posada Pereira (es) José María Posada Pereira |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de marzo de 1817 Vigo, España |
Morte | 19 de novembro de 1886 (69 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía e xornalismo de opinión |
Movemento | Romanticismo |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Dicionario biográfico de Galicia Historia da literatura galega contemporánea |
Traxectoria
editarEstudou Humanidades e Teoloxía e finalmente Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. En 1840 fundou en Santiago unha Academia Literaria e Artística que reunía o mellor do país. En 1845 fundou La Aurora de Galicia, revista de literatura, ciencias e artes, con Francisco Añón. Residiu en Madrid entre 1851 e 1852, estudando pintura.
Establecido en Vigo, creou o xornal Faro de Vigo (1852), onde apareceron a maioría dos seus escritos. Alí co pseudónimo de Don Lucas publicou crónicas burlescas, así como poemas e lendas en galego. Escribiu un libro de recordos, Un paseo de Vigo a Bayona (1866). A súa creación poética está recollida postumamente en Poesías selectas (1888), volume décimo sexto da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar, con prólogo de José de Santiago y Gómez e biografía de Xoán Neira Cancela.
Galería de imaxes
editar-
Carta de Rosalía de Castro a Posada, 1868.
-
Poesías selectas, 1888, Biblioteca Gallega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Posada |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: José María Posada |
Bibliografía
editar- "Posada Pereira, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 129.
- "Posada Pereira, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 3. Bibliófilos Gallegos. p. 118.
- Fernández del Riego, F. (1957). Escolma de poesía galega III O século XIX. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 41–46.
- ————————— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 348. ISBN 84-7492-465-0.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 111. VG 955-2010.
- Navas Ruiz, Ricardo (1982). El Romanticismo español. Madrid: Cátedra (3.ª ed.).
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 482. ISBN 84-8288-019-5.