[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Franz Kafka

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Franz Kafka (1917)

Franz Kafka foi un escritor en lingua alemá, nado en Praga.


  • "A novela son eu; eu son as miñas propias historias."
  • "Ás veces coido que entendo A Caída do Home mellor que ninguén."
  • "É un golpe porque me quitará tempo e eu necesito todo o tempo e mil veces máis, con preferencia todo o tempo que exista, para pensar en ti, para respirar en ti."
  • "O tempo que che foi acordado é tan curto que, cando perdes un segundo, perdes a túa vida enteira; porque non é máis longa, senón só tan longa como o tempo que perdes."
  • "A partir de certo punto en diante non hai regreso. É o punto que hai que alcanzar."
  • "O mal coñece o ben, pero o ben non coñece o mal."
  • "A eterna mocidade é imposible; aínda cando non houbese outros impedimentos, a introspección imposibilitaríaa."
  • "A historia dos homes é un instante entre dous pasos dun camiñante."
  • "A literatura é sempre unha expedición á verdade."

Sobre Kafka

[editar]
  • "Nas novelas de Kafka non existe esa complexidade da prosa na que nos perdemos; senón que nos perdemos pola súa simplicidade". Idris Parry.