[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Strudel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anacos dun Apfelstrudel ou strudel de mazá.

O strudel é un doce orixinario de Austria e Alemaña, elaborado cunha masa de follado reenchida xeralmente con mazás aromatizadas con canela e pasas, que se enrola e se coce no forno[1]. O máis coñecido é o de mazá ou Apfelstrudel. Tamén é coñecido o Topfenstrudel, elaborado con queixo quark.

O nome strudel significa "remuíño" en alemán, pola forma pregada que se lle dá á masa. O strudel sería unha reelaboración do doce baclava, típico de Oriente Próximo, feito de camadas de masa filo que se reenchen con froitos secos, especialmente anacardios, pistachos ou améndoas, e bañado en mel[2].

Atopamos variantes do strudel nas gastronomías de varios países de América do Sur, por mor da emigración alemá a estas terras. Na Arxentina atopamos un strudel feito con carne e uvas pasas, con recheo de empanada de carne e azucre glas por riba. Na Selva Central do Perú, as colonias alemás, como a asentada en Oxapampa, preparan un strudel de banana, unha adaptación da súa gastronomía tradicional aos ingredientes locais.

  1. Definición e termo en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Artigo en Portal das Palabras

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]