Falcón pequeno
Falcón europeo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Falco subbuteo' Linnaeus, 1758 |
O falcón pequeno (Falco subbuteo) é un falcón migrador de talle pequeno que se reproduce en Eurasia. Forma, con outras especies de falcóns de tamaño semellante, o subxénero Hypotriorchis (Helbig et al., 1994; Wink et al., 1998; Nittinger et al., 2005). O falcón pequeno foi descrito por Carl von Linné no seu Systema naturae de 1758.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide entre 30 e 36 cm de lonxitude, sendo as femias meirandes cós machos. Son aves de ás longas e afiadas, que lles dan un aspecto de fouce cando voan. Os adultos teñen a plumaxe superior do corpo de cor gris lousa, a gorxa branca e a parte inferior manchada. As meixelas son tamén brancas, cunha barba escura. As patas están cubertas por uns calzóns de plumas vermellas. As aves novas son en xeral moito máis acastañadas.
Distíngense dúas subespecies:
- Falco subbuteo subbuteo
- Falco subbuteo streichi, da China, algo máis pequena cá anterior.
Voz
[editar | editar a fonte]O reclamo máis habitual da especie é un "kikiki" alto e agudo que emiten en xeral en series longas de chíos primeiro rápidos e despois máis lentos. O son é algo xordo, polo que a ave que o produce parece estar máis lonxe da distancia real. Cabo deste berro deixan oir outros moitos diferentes.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Como ave reprodutora están espallados por case toda Europa, se ben nas illas británicas viven só na Inglaterra meridional e en Escandinavia só no sur é no leste. Aparecen tamén en boa parte do norte e centro de Asia, ata Kamchatca e a illa de Sakhalin, no norte da China e no Xapón. Os exemplares europeos pasan o inverno na África meridional; os asiáticos no Paquistán, norte da India e sur da China.
Reprodúcense en áreas de soutos, pequenos grupos de árbores ou nas beiras dos bosques. Prefiren zonas claras de piñeiros, máis raramente plantacións doutras coníferas, de árbores caducifolias ou árbores nas beiras dos ríos. Precisan de paisaxes abertas, amplas e variadas para cazar en boas condicións. Para criaren usan en xeral niños abandonados de corvo pequeno (Corvus corone) situados a moita altura e que lles ofrezan a posibilidade de botaren a voar sen obstáculos. En moitas zonas fan os niños nos postes das liñas eléctricas de alta tensión e en árbores illadas.
Durante o voo migratorio aparecen en todo tipo de paisaxes, sobre todo preto da auga, onde cazan libélulas e paxaros insectívoros.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]As cerimonias de cortexo, moi ruidosas, inclúen demostracións de voo espectaculares. Poñen entre 2 e 3 ovos, máis raras veces 1 ou 4, que chocan uns 28 días. Os polos tardan ó redor dun mes en deixa-lo niño e comezan a voar pouco despois. Os exemplares europeos comezan a abandonar os territorios de cría entre agosto e primeiros de setembro para dirixirse contra finais deste último mes a África.
A muda das plumas ten lugar principalmente en inverno, agás nos exemplares dun ano, que remudan no verán.
Notas
[editar | editar a fonte]- Helbig, A.J.; Seibold, I.; Bednarek, W.; Brüning, H.; Gaucher, P.; Ristow, D.; Scharlau, W.; Schmidl, D. & Wink, Michael (1994): Phylogenetic relationships among falcon species (genus Falco) according to DNA sequence variation of the cytochrome b gene. In: aut|Meyburg, B.-U. & Chancellor, R.D. (eds.): Raptor conservation today: 593-599. PDF fulltext
- Nittinger, F.; Haring, E.; Pinsker, W.; Wink, Michael & Gamauf, A. (2005): Out of Africa? Phylogenetic relationships between Falco biarmicus and other hierofalcons (Aves Falconidae). Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 43(4): 321-331. PDF fulltext
- aut|Wink, Michael; Seibold, I.; Lotfikhah, F. & Bednarek, W. (1998): Molecular systematics of holarctic raptors (Order Falconiformes). In: : Holarctic Birds of Prey: 29-48. Adenex & WWGBP. PDF fulltext
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dietrich Fiuczynski: Der Baumfalke. Neue Brehm-Bücherei, Bd. 575. A. Ziemsen Verlag. Wittenberg Lutherstadt 1988, ISBN 3-89432-229-2
- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
- Theodor Mebs: Greifvögel Europas. Biologie. Bestandsverhältnisse. Bestandsgefährdung. Kosmos Naturführer. Stuttgart, 1989.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Falcón pequeno |
- ↑ BirdLife International (2012). "Falco subbuteo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012.