[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Absintio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a planta medicinal, para o artigo sobre a bebida alcohólica elaborada a partir dela véxase Asente.

O absintio, asente ou asento (Artemisia absinthium)[1] é unha planta composta, perenne, de 1 m de altura, moi amarga e algo aromática, os talos empréganse medicinalmente en infusión para estimular o apetito, a secreción de zumes gástricos e biliares e para eliminar as lombrigas, pero o seu consumo prolongado pode causar adicción. Tradicionalmente engadíaselle ás verduras cocidas como acompañante. É o compoñente principal dunha bebida alcohólica coñecida co mesmo nome, o absintio.

Orixinaria das rexións continentais de clima tépedo de Europa, Asia e África do Norte, cultívase comercialmente tamén nos estados de Indiana e Míchigan (Estados Unidos), México e o Brasil.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Absintio.
  2. Johannes Seidemann World Spice Plants, 4ª ed. Springer, 2005, páxina 52