Zara
Zara | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1975 |
Matriz | Inditex |
Localización | Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo (provincia da Coruña) Galicia |
Fundador | Amancio Ortega Gaona |
Persoas clave | Pablo Isla (presidente) |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa e complementos |
Beneficio | 9.000 millóns de euros (2011)[1] |
Na rede | |
https://www.zara.com/ e https://www.kiddysclass.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.
Historia
[editar | editar a fonte]A marca foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda no estranxeiro de Zara abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.
Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban[2]. Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.
Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [3] en 71 países, delas 38 en Galiza.[4] A súa sede central é Arteixo.
En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City[5].
As tendas e as cifras
[editar | editar a fonte]Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [6], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.
En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.
Modelo de negocio
[editar | editar a fonte]Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[7]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.
Mercado e clasificacións
[editar | editar a fonte]En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera na clasificación a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.
En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[8], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[9]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[10] do planeta.
En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[11].
Citas
[editar | editar a fonte]O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[12].
Tendas no mundo
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[13]
|
|
|
|
|
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Tenda en Oxford, Reino Unido.
-
Praza New Town en Sha Tin (Hong Kong).
-
Liat Towers, Singapur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apple e Inditex, dos marcas de éxito con bastantes similitudes economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. Arquivado 23 de setembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ "Os comezos de Inditex en Galicia", artigo en Galicia Confidencial.
- ↑ Stores around the world Arquivado 22 de outubro de 2008 en Wayback Machine., web de Inditex, consultado o 27 de outubro de 2008
- ↑ Zara. Nuestras tiendas, web de Zara, consultado o 27 de outubro de 2008
- ↑ "El autoservicio llega a Zara", artigo en La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
- ↑ http://www.businessweek.com/globalbiz/content/apr2006/gb20060404_167078.htm?chan=innovation_branding_brand+profiles
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2007. Arquivado 04 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ Zara, a Spanish success story CNN.com Arquivado 17 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Tiendas en el mundo Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zara |