Xoloitzcuintle
O xoloitzcuintle é unha raza de can practicamente sen pelo con media de vida entre 12-14 anos. É orixinario de México; é presentado en tamaño toy, estandár e mediano. Coñéceselle polo seu endemismo nese país e a súa estreita relación coa cultura mexica.
Existe outra variedade con pelo.[1] Os cans que nacen con pelo seguen sendo xoloitzcuintles puros, e ao cruzar a estes cun sen pelo, tamén teñen crías sen pelo. Nunha camada poden nacer cachorros das dúas variedades. As dúas clasificacións maiores salientan como cans gardiáns, a versión miniatura como can de compañía.
O 12 de agosto de 2016, o xefe de goberno Miguel Ángel Mancera declarou ao can xoloitzcuintle como «patrimonio cultural e símbolo» da Cidade de México.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra xoloitzcuintle leva varios significados, un deles é que provén do náhuatl: Xólotl = deus do ocaso e xemelgo de Quetzalcóatl, e itzcuintli = can,[3] "Can de Xólotl".[3] Outros autores descifran que Xólotl é o deus mexica da vida e a morte, que comunmente era asociado con figuras monstruosas. O xoloitzcuintle tamén se coñece co nome can pelón mexicano ou can azteca.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "fcm.mx/razas/stdxolo.shtml". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2013.
- ↑ "Declaran al perro Xoloitzcuintle patrimonio cultural de la CDMX".
- ↑ 3,0 3,1 Nahuatl Dictionary. (1997). Wired Humanities Project. University of Oregon. Consultado o 1 de setembro de 2012, from link Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ El xoloitzcuintle, por Gena Icazbalceta, MascotasMexico.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoloitzcuintle |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Xolo Handbook. Xoloitzcuintli Club of America, 1999.