Velaí...
Aparencia
Velaí... | |
---|---|
Formato | Comedia |
Dirixido por | Xaime Fandiño |
País de orixe | Galicia |
Produción | |
Duración | 30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 6 de outubro de 1989 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Velaí.... foi un programa de humor da Televisión de Galicia que se emitiu en 1989-1990.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os trinta minutos do programa incluían espazos de cámara oculta no que participaba Serxio Pazos, outro con preguntas na rúa sobre algún tema delicado ou en clave de humor, e a primeira serie de ficción da TVG Servicio de urxencias, unha miniserie de humor con Antonio Durán "Morris" que despois se emitiu de xeito independente.