[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cabaleiros con aquel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabaleiros con aquel
Xénerositcom
Creado porJeremy Dyson, Mark Gatiss, Steve Pemberton, Reece Shearsmith
Dirixido porSteve Bendelack
IntérpretesMark Gatiss, Steve Pemberton, Reece Shearsmith
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)inglés
Temporadas3
Episodios19
Produción
Duración30-60 min
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC Two
Primeiro episodio11 de xaneiro de 1999
Derradeiro episodio31 de outubro de 2002
Na rede
https://www.bbc.co.uk/programmes/b006t8d1
IMDB: tt0184135 Allocine: 8072 TV.com: shows/league-of-gentlemen
Musicbrainz: 98d01605-2475-4884-95a5-96091c8d61a6 Discogs: 545719 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cabaleiros con aquel[1] foi unha comedia producida pola BBC do ano 1999 e emitida pola TVG no ano 2001 e reemitida no 2006 protagonizada por The league of gentlemen, un cuarteto de humoristas formado en 1995 por Jeremy Dyson, Mark Gatiss, Steve Pemberton e Reece Shearsmith, e que colleron sona con ela.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha sitcom ambientada nunha pequena vila inglesa do interior. Contén elementos de terror e humor inglés, e segue as vidas de decenas de habitantes bizarros da cidade, interpretados por Gatiss, Pemberton e Shearsmith, usando para iso unha serie de disfraces e maquillaxes. A serie de televisión foi filmada principalmente en Hadfield, pero tamén en Glossop, Gamesley, Marsden, Mottram, Hope Valley (Derbyshire) e Todmorden.

O argumento principal comezaba en torno á construción dunha estrada pola vila de Roston Vasey, pero logo seguía con outros marcos argumentais acerca das relacións entre as distintas personaxes, seguindo a vida dos excéntricos habitantes desta vila, parodiando actos cotiás e mesmo típicas escenas do cinema de terror dos 80.

  1. Ficha da serie en culturagalega.org