[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vajiravudh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Vajiravudh

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(th) วชิราวุธ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(th) มหาวชิราวุธ Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Grande Palácio de Bangkok (Sião) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Chakraphat Phiman Residential Hall (Sião) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza gastrointestinal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWat Bowonniwet Vihara (en) Traducir
Phra Pathommachedi (en) Traducir
Chakri Maha Prasat Throne Hall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Tailandia
23 de outubro de 1910 – 25 de novembro de 1925
← Chulalongkorn (pt) TraducirPrajadhipok (pt) Traducir →
Crown Prince of Thailand (en) Traducir
4 de xaneiro de 1894 – 23 de outubro de 1910
← Vajirunhis (en) TraducirMaha Vajiralongkorn (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGrande Palácio de Bangkok (pt) Traducir
Sanam Chandra Palace (en) Traducir
Phaya Thai Palace (en) Traducir
Dusit Palace (en) Traducir
Mrigadayavan Palace (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo e Theravada Editar o valor en Wikidata
EducaciónChrist Church College (1899–1901)
Royal Military College, Sandhurst (en) Traducir (1898–1899) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, político, escritor, escoteiro (pt) Traducir, oficial, monarca, actor, pintor Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Armadas da Tailândia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarfield marshal (en) Traducir
Admiral of the fleet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Chacri (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSuvadhana (1924–1925), morte da persoa
Indrasakdi Sachi (1922–1925), morte da persoa
Sucharit Suda (1921–1925), morte da persoa
Laksamilawan (1921–1925), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosBejaratana Rajasuda
 () Suvadhana Editar o valor en Wikidata
PaisChulalongkorn Editar o valor en Wikidata  e Saovabha Phongsri Editar o valor en Wikidata
IrmánsBahurada Manimaya
Chakrabongse Bhuvanadh
Prajadhipok
Chudadhuj Dharadilok, Prince of Phetchabun
Tribejrutama Dhamrong
Asdang Dejavudh
Siriraj Kakudhabhand Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1144597 WikiTree: Mongkut-1
O rei Vajiravudh contra 1920

Phra Bat Somdet Phra Poramenthra Maha Vajiravudh Phra Mongkut Klao Chao Yu Hua (en tailandés: พระบาทสมเด็จพระปรเมนทรมหาวชิราวุธฯ พระมงกุฎเกล้าเจ้าอยู่หัว), Phra Bat Somdet Phra Ramathibodi Si Sinthra Maha Vajiravudh Phra Mongkut Klao Chao Yu Hua (: พระบาทสมเด็จพระรามาธิบดีศรีสินทรมหาวชิราวุธฯ พระมงกุฎเกล้าเจ้าอยู่หัว ) ou Rama VI , nado o 1 de xaneiro de 1880 e finado o 25 de novembro de 1925 foi o sexto monarca de Siam da casa de Chakri, reinando desde 1910 ata a súa morte. O rei Vajiravudh é coñecido polos seus esforzos para crear e promover o nacionalismo siamés. O seu reinado caracterizouse polo reformismo e pola participación, mínima, na primeira guerra mundial.

Educación

[editar | editar a fonte]
O príncipe Vajiravudh.

O príncipe Vajiravudh naceu de Chulalongkorn e unha das súas catro raíñas, Saovabha. En 1888 Vajiravudh recibiu o título Krom Khun Thep Dvaravati. Educouse no palacio real en tailandés e inglés. En 1895, o seu medio irmán e príncipe herdeiro Vajirunhis morreu e Vajiravudh converteuse no novo herdeiro de Siam. Continuou a súa educación no Reino Unido, no Royal Military College en Sandhurst en 1898 e serviu brevemente no rexemento de infantaría lixeira de Durham. Estudou dereito e historia[1] na Christ Church de Oxford en 1899, alí foi membro do exclusivo Bullingdon Club. Así e todo, padeceu apendicite o que lle impediu graduarse en 1901. En representación de seu pai acudiu á coroación de Eduardo VII o 9 de agosto de 1902.

Regresou a Siam en 1902 e en 1904 entrou nun mosteiro como monxe temporal, consonte á tradición siamesa. En 1906, o rei Chulalongkorn viaxou a Europa para buscar tratamento para a súa enfermidade de pulmón, e nomeou a Vajiravudh rexente do reino. Chulalongkorn morreu o 23 de outubro de 1910, converténdose Vajiravudh no novo rei de Siam.

Primeiras reformas

[editar | editar a fonte]
Principais líderes da revolta de palacio de 1912.

Mesmo antes da súa coroación, Vajiravudh iniciou diversas reformas; organizou a defensa de Siam e estableceu academias militares, creou o rango de xeneral por primeira volta no país, sendo o príncipe Bhanurangsi Savangwongse, seu tío, o primeiro en asumir o rango. O seu primeiro acto tras acceder ao trono foi fundar un colexio, ao estilo dos ingleses de Eton ou Harrow para formar á elite do país. Tamén erixiu a Academia para Oficiais Civís Chulalongkorn, que despois se convertería na Universidade Chulalongkorn. Tamén mellorou o sistema sanitario, establecendo algún dos primeiros hospitais públicos do país, o Vajira en 1912 e o Chulalongkorn en 1914.

En 1911, estabeleceu os Boy Scouts (ลูกเสือ ) aínda que desapareceron nos últimos anos do seu reinado. A súa coroación foi o 11 de novembro de 1911, á que acudiron invitados reais de Europa e o Xapón, algo inédito en Siam.

O rei Vajiravudh vestindo o khrui dun avogado.

Os primeiros anos da administración de Vajiravudh estiveron en gran parte dominados polos seus dous tíos, os príncipes Damrong e Devawongse. Así e todo, o rei discrepou con Damrong, ministro de Interior, ao negociar este o Tratado Anglo-Siamés de 1909 que cedeu catro sultanatos aos británicos.

Vajiravudh reformou o sistema de administración territorial do monthon, establecendo os "paks" (tailandés: ภาค:) ou "rexións" sobre os monthons. Cada pak estaba gobernado por un uparaja (vicerrei) directamente responsable diante o rei, e que supervisaba os intendentes dos monthons na rexión— concentrando así os poderes administrativos locais nas súas mans—. En 1912 produciuse un intento de golpe de Estado realizado por elementos radicais do exército que querían a redacción dunha contitución, animados pola caída da dinastía Qing na China. Planeado para o 1 de abril non se efectuou ao deterse aos líderes da insurección. Sentenciados a morte ou a cadea perpetua, o rei indultounos en 1924.

A Forza Expedicionaria Siamesa coa nova bandeira tricolor en París, 1919.

Administración, economía, infraestrutura

[editar | editar a fonte]

Rama VI herdou o plan do seu pai, construír unha nación moderna a pesar do seu propio escepticismo, os incesantes desacordos coa antiga aristocracia, moitos deles parentes, como o príncipe Damrong, ministro do interior. A corrupción nas provincias recentemente creadas levouno a crear un sistema de vicerreis nomeados directamente polo rei e que supervisaban os gobernadores provinciais e as autoridades locais.

En 1912, Vajiravudh anunciou o cambio no calendario solar en uso, pasando da era Rattanakosin establecida por Chulalongkorn á era budista que comezou o 1 de abril de 2455 BE (1912). En 1917 implantou o Rexemento Nakorn Sri Thammarat como a súa garda persoal. En 1918, Vajiravudh fundou Dusit Thani, preto do palacio Dusit como un lugar onde experimentar a democracia, imitando institucións democráticas, con eleccións, parlamento e prensa. Así a todo, o réxime siamés permaneceu como monarquía absoluta durante o seu reinado [2]. Favoreceu a igualdade de homes e mulleres o que levou á promulgación dunha lei en 1921 que establecía a igualdade dos dous sexos [3].

O rei Vajiravudh caracterizado como Sherlock Holmes

Primeira guerra mundial e nacionalismo siamés

[editar | editar a fonte]

O 22 de xullo de 1917 Vajiravudh declarou a guerra a Alemaña e Austria-Hungría,[4] aliñando Siam cos Aliados e expulsando os oficiais alemáns e austríacos dos ferrocarís e do Banco Comercial do Siam e poñendo as propiedades das Potencias Centrais baixo o control do goberno. Vajiravudh vía a guerra como unha oportunidade para crear e promover o nacionalismo siamés. Cambiou a bandeira de Siam do elefante orixinal para un deseño tricolor e adoptou o lema non oficial de Tailandia: "Nación, Relixión, Rei" [5]. Foi o iniciador da práctica de utilizar o nome Rama seguido dun número regnal segundo a práctica das cortes europeas.

Aínda que a participación no conflito foi mínima, si fixo posible que Siam negociase coas potencias occidentais de igual a igual.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O rei Vajiravudh foi un recoñecido home de letras, escribiu novelas, relatos, poemas, artigos para xornais, obras de teatro e tamén traduciu autores da literatura en lingua inglesa e francesa ao tailandés. Salientan as traducións de tres obras de Shakespeare O mercader de Venecia As You Like It e Romeo e Xulieta. En moitas das súas obras promoveu o nacionalismo tailandés, entre elas เกียรติศักดิ์ทหารเสือ baseada na obra de Alexandre Dumas, Os tres mosqueteiros. Con diversos pseudónimos compuxo arredor de 50 obras e adaptou máis de cen de autores occidentais [6].

Tamén foi un dos primeiros en presentar historias de misterio e detectives ao xeito occidental, traduciu as novelas de Hercule Poirot de Agatha Christie e creou o personaxe do detective "Nai Thong-In" (tailandés: นักสืบนายทองอิน: ) utilizando o modelo creado por Arthur Conan Doyle con Sherlock Holmes. Tamén traduciu The Golden Scorpion de Sax Rohmer.

O rei coñecía o sánscrito e a literatura hinduísta, incluíndo as obras épicas Rāmāyaṇa e Mahabharata. Traduciu moitas historias destas dúas ao tailandés e mais tamén escribiu outras inspiradas na literatura hinduísta.

  1. David K. Wyatt (2004) Thailand. A Short History Silkworm Books, Chiang Mai 2004, p. 211
  2. Kobkua Suwannathat-Pian (2003) Kings, Country and Constitutions. Thailand's Political Development, 1932-2000. RoutledgeCurzon, London/New York, p. 23.
  3. Penny Van Esterik (2000) Materializing Thailand. Berg, Oxford/New York, pp. 99–100
  4. Boontanondha, Thep. "King Vajiravudh and the Making his Military Image". Academia. Forum on SE Asian Studies. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  5. Andreas Sturm (2007) "Which ‘nation’ persists? The competing notions of the Thai nation as reflected in public monuments". In: Nationalism in a Global Era: The Persistence of Nations. Routledge, Abingdon/New York, p. 109.
  6. "Vajiravudh" Encyclopædia Britannica