Vítor III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1027 Benevento, Italia |
Morte | 16 de setembro de 1087 (59/60 anos) Abadía de Montecassino, Italia |
Lugar de sepultura | Abadía de Montecassino |
158º Papa | |
30 de maio de 1086 – 16 de setembro de 1087 (Gregoriano) ← Gregorio VII – Urbano II → | |
Cardeal presbítero Santa Cecília (pt) | |
1059 – 1086 | |
Abade de Montecassino | |
1058 – 1087 | |
Cardeal diácono Santos Sérgio e Baco (diaconia) (pt) | |
1058 – 1059 | |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Consagración | Urbano II |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de setembro |
Participou en | |
24 de maio de 1086 | 1086 papal election (en) |
Familia | |
Pai | Landulfo V de Benevento |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Dauferio Epifani, máis coñecido como Desiderio da Montecassino, baixo o nome de Vítor III, nado ao redor do 1026 en Benevento e finado na abadía do abadía do Monte Cassino o 16 de setembro de 1087, foi o papa número 158 da Igrexa católica dende 1086 ata 1087. Era fillo do príncipe Landulfo V de Benevento.
Elixido como novo Papa o 24 de maio de 1086, feito que lle amolou profundamente, polo que intentou atrasar a súa consagración como pontífice. Debido a isto, non accedeu realmente ao trono pontificio ata o 9 de maio de 1087, e cando o fixo abandonou Roma e se retirou de novo a abadía do Monte Cassino, da cal fora o abade. Este feito foi aproveitado polo antipapa Clemente III para aumentar o seu poder na capital italiana, polo que cando Vítor III volveu de novo a Roma (debido en gran parte ás presións da condesa Matilde de Toscana) tivo que abandonala outra vez tras unha estancia moi curta. En agosto presidiu un sínodo en Benevento no que excomungou a Clemente III, prohibiu a lei das investiduras e promoveu unha acción armada contra os musulmáns do norte de África, un precedente do que serían logo as Cruzadas. Caeu enfermo durante o desenvolvemento do sínodo e retirouse por última vez a Montecassino, onde morreu o 16 de setembro de 1087.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |