[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Urbano VI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Urbano VI»)
Modelo:BiografíaUrbano VI, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Urbanus PP. VI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1318 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 1389 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, veleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
202º Papa
8 de abril de 1378 – 15 de outubro de 1389
← Gregorio XIBonifacio IX →
Roman Catholic Archbishop of Bari (en) Traducir
1377 –
← Niccolò Brancaccio (pt) TraducirLandolfo Maramaldo (en) Traducir →
Roman Catholic Archbishop of Acerenza (en) Traducir
21 de marzo de 1364 –
← Giovanni Cortello (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1210859 WikiTree: Prignano-1 Find a Grave: 7732332 Editar o valor en Wikidata

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e finado en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requiría con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas

Para recoller fondos proclamou un Xubileu, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeulle Bonifacio IX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.