Trionyx triunguis
Trionyx triunguis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Trionyx triunguis (Forskål, 1775)[1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O Trionyx triunguis é unha especie grande de tartaruga da familia Trionychidae, ou tartarugas de cuncha branda. É a única especie viva do xénero Trionyx.
Descrición
[editar | editar a fonte]Na familia Trionychidae, a tartaruga de cuncha branda africana é unha das especies consideradas meirandes. Documéntanse exemplares desta especie que acadaron os 95 cm de lonxitude na cuncha. A cuncha dos adultos é de cor castaña, relativamente cha e de forma ovalada. Como as outras tartarugas da súa familia, esta tartaruga ten a cuncha cuberta por pel no canto de placas córneas. As femias adoitan chegar ós 50 a 80 cm na cuncha, cun peso máximo duns 40 kg. Os machos son máis cativos que as femias, cun peso por termo medio duns 25 kg. A cola dos machos é tamén máis longa e robusta que a das femias. Mantense na auga a maior parte do tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rhodin, Anders G. J.; Peter Paul van Dijk, John B. Inverson & Bradley H. Shaffer (14 de decembro de 2010). "Turtles of the World 2010 Update: Annotated Checklist of Taxonomy, Synonymy, Distribution and Conservation Status" (PDF). p. 000.128. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trionyx triunguis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trionyx triunguis |