[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Trabant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trabant

Outros nomes Trabbi
Fabricante VEB Sachsenring
País Alemaña Alemaña
Produción 3.7 millóns producidos
Período 19571991
Configuración
Carrozaría Sedán de 2 portas
Configuración Motor transversal dianteiro, tracción dianteira
Dimensións
Lonxitude 3360 mm
Anchura 1500 mm
Distancia eixes 2020 mm
Características técnicas
Motor 499 cc (1957–1962)
594 cc (1962–1990)

O Trabant é un automóbil de baixo custo producido polo fabricante VEB Sachsenring Automobilwerke Zwickau, en Saxonia, dende 1957 até 1991. Foi, no seu tempo, o vehículo máis común na República Democrática Alemá, sendo tamén exportado a outros países, mesmo fóra do bloque comunista.

A súa carrocería era de fenoplast (resina fenólica) e o seu motor, de dous cilindros a dous tempos. Contaba con espazo para catro adultos e equipaxe; era compacto, lixeiro e duradeiro.

Dos poucos modelos de automóbiles aos que os alemáns do leste tiñan acceso, o Trabant era o máis barato (uns 10.000 marcos orientais). Para adquirir legalmente un Trabant había que apuntarse nunha lista e esperar até 10 anos, senón, acudir ao mercado negro.

O nome Trabant significa en alemán "satélite"; popularmente chamábaselle Trabbi.

Deixou de fabricarse en 1991, despois de que a súa produción se volvese insostible e comezase a depender de subsidios do goberno alemán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]