[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tiangong 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tiangong 1
Tipolaboratório espacial, entidade desaparecida e estación espacial
Eventos/Actividadeslanzamento espacial e reentrada não controlada
PaísRepública Popular da China
editar datos en Wikidata ]

Tiangong 1 (chinés tradicional: 天宮一號; chinés simplificado: 天宫一号; pinyin: Tiāngōng yī hào; Templo 1 en chinés) é unha estación espacial desenvolvida pola axencia espacial chinesa CNSA que foi lanzada ao espazo para ser colocada en órbita en 29 de setembro de 2011. Forma parte do Proxecto 921-2 , cuxo obxectivo é a construción dunha estación espacial con varios módulos.

Segundo a CNSA, Tiangong 1 é un laboratorio espacial de 8,5 toneladas que deberá ser visitado polas misións Shenzhou 8, Shenzhou 9 e Shenzhou 10 ao longo da súa vida de preto de dous anos. O 29 de setembro de 2008 Zhang Jianqi, número dous do grupo encargado de deseñar voos tripulados, declarou nunha entrevista a unha televisión chinesa, a CCT que a Tiangong 1 sería lanzada en 2010 ou 2011.

Tiangong 1 entrou e queimouse á atmosfera o 2 de abril de 2018, ás 00:16 GMT. A maioría das pezas caeron sobre o océano Pacífico Sur, preto de Tahití. [1]