[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

The Ocean Race

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaThe Ocean Race
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportevela Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAlacant (Alacantí) 38°20′43″N 0°28′59″O / 38.3453, -0.4831 Editar o valor en Wikidata
PaísSuecia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1973 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialvolvooceanrace.com… Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCd-kj8ShMRRDKrONtkjVRgg Editar o valor en Wikidata

O "Pirates of the Caribbean" entrando no porto de Goteborg.

A The Ocean Race, chamada entre 2001 e 2019 Volvo Ocean Race, é unha regata de embarcacións a vela que dá a volta completa ao mundo. Está organizada polo fabricante sueco de automóbiles Volvo e ata a edición de 2005 sempre fixera a saída inaugural de portos británicos: o 12 de novembro dese ano, saíu de Vigo apadriñada por el-Rei Xoán Carlos I, aínda que os veleiros estivesen previamente atracados no porto de Sanxenxo. A organización da regata foi subvencionada con 15.000.000 euros por parte de Xunta de Galicia.

As embarcacións que participan na proba pertencen todas ao mesmo modelo, o Volvo Open 70, con pequenas variacións nos materiais e en aspectos mínimos do deseño dependendo dos fabricantes.

A proba desenvólvese por tiradas, que van combinando percorridos en mar aberto, que poden durar entre unha semana e mes e medio de navegación, con regatas en porto ou nas súas proximidades, que duran media xornada.

Edición 2005-06

[editar | editar a fonte]

Participación galega

[editar | editar a fonte]

Na edición de 2005-06 houbo unha dobre participación galega. Dunha banda o coruñés Chuny Bermúdez navegou embarcado na tripulación brasileira do Brasil 1. A súa embarcación quedou na terceira posición no final.

Por outra parte, a embarcación española do Movistar estaba patroneada por Pedro Campos e contou en tres tiradas coa participación do pontevedrés Fernando Echavarri. O Movistar sufriu unha grave avaría na tirada que cruzaba o Atlántico con destino en Portsmouth e a tripulación abandonou o barco, que desapareceu ao oeste de Irlanda.

Tiradas ano 2005/2006

[editar | editar a fonte]
N Comezo Final Millas náuticas
1 Vigo, o 12 de novembro de 2005 Cidade do Cabo, Suráfrica o 2 de decembro de 2005 6,400
2 Cidade do Cabo, Suráfrica o 2 de xaneiro de 2006 Melbourne, Australia o 16 de xaneiro de 2006 6,100
3 Melbourne, Australia o 12 de febreiro de 2006 Wellington, Nova Zelandia o 16 de febreiro de 2006 1,450
4 Wellington, Nova Zelandia o 19 de febreiro de 2006 Río de Xaneiro, Brasil o 7 de marzo de 2006 6,700
5 Río de Xaneiro, Brasil o 2 de abril de 2006 Baltimore/Annapolis, Maryland, EEUU o 17 de abril de 2006 5,000
6 Baltimore/Annapolis, Maryland, Estados Unidos o 2 de xuño, 2006 Nova York, Estados Unidos o 8 de maio de 2006 400
7 Nova York, USA o 11 de maio de 2006 Portsmouth, Gran Bretaña o 19 de maio de 2006 3,200
8 Portsmouth, Gran Bretaña o 2 de xuño de 2006 Rotterdam, Países Baixos o 7 de xuño de 2006 1,500
9 Rotterdam, Países Baixos o 15 de xuño de 2006 Gotemburgo, Suecia o 17 de xuño de 2006 500
Carreiras dentro do porto Data prevista
Sanxenxo (Galicia) 5 de novembro de 2005
Cidade do Cabo (Suráfrica) 26 de decembro de 2005
Melbourne (Australia) 4 de febreiro de 2006
Río de Xaneiro (Brasil) 25 de marzo de 2006
Baltimore/Annapolis (EUA) 29 de abril de 2006
Portsmouth (Gran Bretaña) 29 de maio de 2006
Rotterdam (Países Baixos) 11 de xuño de 2006

Edición 2008-09

[editar | editar a fonte]

A edición de 2008 saíu do porto de Alacant. Tamén foi inaugurada polo rei de España.

Participantes

[editar | editar a fonte]
Equipo Número de Vela. Nacionalidade Deseñador construtor Patrón
Ericsson Racing Team
Ericsson 3
SWE 3 Suecia Suecia Juan Kouyoumdjian Killian Bushe Anders Lewander
Ericsson Racing Team
Ericsson 4
SWE 4 Suecia Suecia Juan Kouyoumdjian Killian Bushe Torben Grael
Green Dragon Racing Team
Green Dragon
IRL 888 Irlanda Irlanda Reichel Pugh McConaghy Boats Ian Walker
Puma Racing Team
Il Mostro
- Estados Unidos de América Estados Unidos Botin Carkeek Goetz Custom Boats & Customline Yachts Ken Read
Team Delta Lloyd NED 1 Países Baixos Países Baixos Juan Kouyoumdjian Killian Bushe Ger O'Rourke
Team Russia (Sponsor: WDCS)
Kosatka
RUS 1 Rusia Rusia Humphreys Yacht Design Green Marine Andreas Hanakamp
Telefonica Blue
S.A.R. Elena
ESP 12 España España Farr Yacht Design King Marine Bouwe Bekking
Telefonica Black
S.A.R. Cristina
ESP 11 España España Farr Yacht Design Southern Ocean Marine Fernando Echavarri
Mapa da ruta da Volvo Ocean Race 2008-2009.
Evento[1] Data de comezo Saída Chegada Distancia (mn) Ganador
Regata 1 4 de outubro de 2008 Alacant España - Telefonica Blue
Etapa 1 11 de outubro de 2008 Alacant España Cidade do Cabo 6,500 Ericsson 4
Etapa 2 15 de novembro de 2008 Cidade do Cabo Kochi India 4,450 Ericsson 4
Etapa 3 13 de decembro de 2008 Kochi India Singapur Singapur 1,950 TBD
Regata 2 10 de xaneiro de 2009 Singapur Singapur - TBD
Etapa 4 18 de xaneiro de 2009 Singapur Singapur Qingdao República Popular da China 2,500 TBD
Regata 3 7 de febreiro de 2009 Qingdao República Popular da China - TBD
Etapa 5 14 de febreiro de 2009 Qingdao República Popular da China Río de Xaneiro 12,300 TBD
Regata 4 4 de abril de 2009 Río de Xaneiro - TBD
Etapa 6 11 de abril de 2009 Río de Xaneiro Boston 4,900 TBD
Regata 5 9 de maio de 2009 Boston - TBD
Etapa 7 16 de maio de 2009 Boston Galway 2,550 TBD
Regata 6 30 de maio de 2009 Galway - TBD
Etapa 8 6 de xuño de 2009 Galway Marstrand 950 TBD
Etapa 9 14 de xuño de 2009 Marstrand Estocolmo 525 TBD
Regata 7 21 de xuño de 2009 Estocolmo - TBD
Etapa 10 25 de xuño de 2009 Estocolmo San Petersburgo 370 TBD

A ruta tamén inclúe sete "metas voantes" (en Fernando de Noronha, Mauricio, Pulau We Indonesia, Latitude 36S, Cabo de Fornos, Fernando de Noronha e St Johns de Terra Nova). Os barcos obteñen a metade da puntuación nestas metas voantes o igual que nas InPort Races.

  1. "Volvo Ocean Race 2008/2009 Schedule". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]