Qingdao
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Shandong | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Chengyang District (en) Huangdao (pt) Jiaozhou City (en) Jimo (pt) Laixi (pt) Laoshan District (en) Licang District (en) Pingdu (pt) Shibei District (en) Shinan District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.775.000 (2016) (511,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11.282 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Q106070751 , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 266000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0532 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | english.qingdao.gov.cn |
Qingdao (en chinés tradicional: 青島; en chinés simplificado: 青岛; pinyin: Qīngdǎo), anteriormente coñecida coma Tsingtao, é unha importante cidade portuaria da provincia de Shandong na República Popular da China. Situada na entrada da baía de Jiaozhou dende o Mar Amarelo, no sur da Península de Shandong, tamén é base naval da mariña chinesa.
De fundación recente (finais do século XIX), o seu desenvolvemento urbano tivo lugar a partir de 1897 como colonia alemá. Ten unha extensión de 10.654 km² e 8,7 millóns de habitantes (2010),[1] dos que máis de catro millóns forman parte da súa área metropolitana.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia urbana de Qingdao desenvólvese nunha rexión, a da baía de Jiaozhou na península de Shandong, que ten sido habitada dende o neolítico con diversas culturas senlleiras (Dawenkou, Longshan e Dongyeshi).
Acuartelamento Qing
[editar | editar a fonte]No tempo da dinastía Ming unhas primeiras fortificacións foron construídas na entrada da baía (o lugar onde aséntase a cidade actual), e seica un pequeno poboado con ancoradoiro creceu a carón. O cal continuaba a existires cando a administración Qing en 1891 decidiu creares un acuartelamento de tropas. Ampliaron as fortificacións asemade cun primitivo peirao-ponte na baía. Ao ano seguinte foi fundada unha poboación (coñecida entón coma Jiao’ao [2][3]).
En resposta ao asasinato duns misioneiros, en 1897 os alemáns (que xa tiñan explorado a zona coma posible base naval) forzaron ao por entón moi debilitado imperio chinés unha concesión colonial na área da baía [4].
Tsingtau, colonia alemá
[editar | editar a fonte]Aproveitando en principio o asentamento chinés, de seguido foi deseñado un plan de ampliación da vila que chamaron Tsingtau, centro administrativo da concesión de Kiautschou [5]. Rúas e avenidas amplas coas infraestruturas e servizos dunha cidade moderna, tiña o propósito fundamental de servires a un porto estratéxico (base naval) comunicado co interior cun ferrocarril (1899-1904). A extensión urbana ata costa sur do istmo, cun novo porto exterior, sería a área residencial europea e almacéns portuarios mentres a poboación local permanecería na antiga vila ao norte ou trasladada a novos poboados no leste. Unha industria cervexeira de importancia nacional ata hoxe (Cervexa Tsingtao) tivo nacemento en 1903.
Entre 1905 e 1908 foi desenvolto o gran porto previsto ao norte, na baía [6]. Cara a alí debería estenderse a cidade pero en 1914 os xaponeses ocupárona (novamente en 1938) e no 1922 foi devolta á soberanía da República da China [7].
Qingdao contemporánea
[editar | editar a fonte]Trala segunda guerra mundial e a instauración da República Popular da China [8] o desenvolvemento portuario (especialmente coma base naval da frota chinesa do norte) da agora chamada Qingdao foi consolidando o seu crecemento [9], que tivo o punto de inflexión en 1984 cando, coa política de apertura económica da China, a vila ten experimentado nas últimas décadas unha expansión extraordinaria (comercial e industrial ao abrigo do porto) arredor da baía ata consolidar unha verdadeira metrópole.
A recente inauguración da maior ponte do mundo sobre da auga (42'5 km), unindo polo norte as dúas ourelas da baía, confirma a puxanza desta área metropolitana cara ao futuro [10].
Demografía
[editar | editar a fonte]Dos máis de 10 millóns de habitantes de Qingdao, arredor 6,2 millóns viven na área urbana da cidade. Outros 5 millóns viven noutras cidades baixo a xurisdición de Qingdao.[11] A taxa de natalidade anual estímase en 10,15 por mil habitantes, e unha mortalidade de 6,32, ambos os dous calculados en cómputo anual. Os niveis de vida están entre os máis altos das principais cidades chinesas debido a unha forte economía de exportación e uns salarios familiares relativamente altos.
Hai unha gran comunidade coreana en Qingdao. En 2009, había aproximadamente 100 000 coreanos traballando, estudando e vivindo en Qingdao, o que converte a cidade no segundo lugar en canto a poboación coreana na China, despois de Pequín que acolle uns 200 000 coreanos.[12]
Gráfica de evolución demográfica de Qingdao entre 1913 e 2020 |
Fonte:[13] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qīngdăo Shì (Sub-provincial City in Shāndōng)". citypopulation.de. Consultado o 30 de marzo de 2021.
- ↑ Perspectiva debuxada de Jiao'ao no final da época Qing; nótese a ponte-peirao na baía [1]
- ↑ Vista de Jiao'ao fortificada dende a baía
- ↑ "Páxina web sobre Tsingtau (en alemán)". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2011.
- ↑ "Plan de Tsingtau, 1901". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2011.
- ↑ "Vista debuxada de paxaro, Tsingtau 1909". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2011.
- ↑ "Mapa de Tsingtao en 1922". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2012.
- ↑ "Mapa da cidade en 1947". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012.
- ↑ "Mapa de Qingdao en 1969". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2012.
- ↑ Vista satelital da baía de Qingdao co trazado da longa ponte[Ligazón morta]
- ↑ "Demographia World Urban Areas" (PDF). 2021.
- ↑ "韩国旅客位居北京入境外国人之首". 8 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2009.
- ↑ Annette S. Biener: Das deutsche Pachtgebiet Tsingtau in der Provinz Schantung, 1897–1914. Institutioneller Wandel durch Kolonialisierung (Studien und Quellen zur Geschichte Schantungs und Tsingtaus. Bd. 6). Matzat, Bonn 2001, ISBN 3-924603-05-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qingdao |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 10 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en chinés)