The Masses Against the Classes
«The Masses Against the Classes» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Manic Street Preachers | |||||
Lanzamento | 10 de xaneiro de 2000 | ||||
Formato | |||||
Gravada | |||||
Xénero musical | rock alternativo, hard rock, pop punk | ||||
Lingua(s) | |||||
Duración | 3:23 | ||||
Discográfica | Epic Records | ||||
Produtor(es) | Dave Eringa | ||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"The Masses Against the Classes" é unha canción da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, publicada como un sinxelo de edición limitada en xaneiro do ano 2000. Foi un sinxelo independente, e o tema non apareceu en ningún álbum de estudio. O sinxelo foi eliminado o mesmo día do seu lanzamento pero a pesar diso acadou o número 1 no Reino Unido.[1]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O título da canción deriva dunha cita do primeiro ministro británico do século XIX William Ewart Gladstone ("All the world over, I will back the masses against the classes", que en galego significa: En todo o mundo, apoiarei ás masas contra as clases). O sinxelo comeza cunha cita de Noam Chomsky e remata cunha de Albert Camus. A portada mostra a bandeira cubana sen a estrela, marca da ideoloxía política socialista da banda. O grupo tocou posteriormente na Habana, en febreiro de 2001, nun concerto con todas as entradas vendidas no teatro Karl Marx e con Fidel Castro entre o público, a quen coñeceron cando chegou só trinta minutos antes de que tivesen que tocar.[2]
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]Toda a música composta por James Dean Bradfield e Sean Moore agás onde se indique. Todas as letras escritas por Nicky Wire, agás onde se indique.
CD e 10" británicos
- "The Masses Against the Classes" – 3:23
- "Close My Eyes" – 4:27
- "Rock and Roll Music" (música e letra: Chuck Berry) – 2:53
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Masses Against the Classes". officialcharts.com. Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press.