Chuck Berry
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano, pioneiro da música rock and roll. Berry refinou e desenvolveu o rhythm and blues elaborando os principais elementos que fixeron distintivo ao rock and roll con cancións como "Maybellene" (1955), "Roll Over Beethoven" (1956), "Rock and Roll Music" (1957) e "Johnny B. Goode" (1958). Escribiu letras que se centraban na vida adolescente e no consumismo, e desenvolveu un estilo musical que incluía solos de guitarra e teatralidade, Berry foi unha grande influencia nas posterior música rock.[1]
Nado nunha familia afroamericana de clase media, comezou a interesarse na música dende moi novo e realizou a súa primeira actuación en 1941 no Sumner High School. Mentres aínda estaba no instituto foi condenado por atraco a man armada e enviárono a un reformatorio, onde estivo de 1944 ata 1947. Tras a súa liberación Berry casou e traballou nunha fábrica de coches. A comezos de 1953, influenciado polos riffs de guitarra e as técnicas teatrais do músico de blues T-Bone Walker, Berry comezou a actuar co Johnnie Johnson Trio. A súa oportunidade chegou cando viaxou a Chicago en maio de 1955 e coñeceu a Muddy Waters, que lle suxeríu contactar con Leonard Chess, de Chess Records. Con Chess gravou "Maybellene", a adaptación de Berry da canción country "Ida Red", que vendeu máis dun millón de copias e foi número 1 da lista de rhythm and blues da revista Billboard.[2]
A finais dos anos 50 Berry era unha estrela establecida, con varias gravacións exitosas, aparicións en películas e unha lucrativa carreira de concertos. Tamén fundou o seu propio club nocturno en St. Louis, Berry's Club Bandstand.[3] Foi sentenciado a tres anos de prisión en xaneiro de 1962 por delitos contemplados na Lei Mann (transportara a unha rapaza de 14 anos dun estado a outro). Tras ser liberado en 1963, Berry creou bastantes máis éxitos como "No Particular Place to Go", "You Never Can Tell" e "Nadine". Porén, estes temas non acadaron a mesma repercusión que as súas cancións dos 50, e na década dos 70 era máis solicitado como artista nostálxico, tocando os seus vellos éxitos con bandas de apoio locais de calidade variable. En 1972 acadou un novo logro cando unha versión de "My Ding-a-Ling" converteuse na súa única gravación en chegar ao número 1 das listas. A súa insistencia en cobrar en metálico levouno catro meses á cadea e a realizar servizos sociais en 1979 por evasión de impostos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Peiteador de señoras, foi un dos pioneiros do rock and roll, na década de 1950 e 1960. Berry interpretou cancións como Roll Over Beethoven, Rock and Roll Music, Route 66 de Nat King Cole, Johnny B. Goode e Maybellene que falan de liberdade, coches, rapazas e de todo aquilo que soñaba un mozo da época e que se converten en clásicos que versionarán Elvis Presley, os Rolling Stone, The Beatles, Beach Boys e Linda Ronstadt.
En 1959 foi condenado por delito sexual a sete anos de prisión, despois volvería a ela por evasión de impostos.
Gañou un Grammy en 1984. En 1989 publicou a súa autobiografía e fixo popular o Duck Walk (paso do parrulo) durante as súas actuacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campbell, M. (ed.) (2008). Popular Music in America: And the Beat Goes On. 3ª ed. Cengage Learning. pp. 168-169
- ↑ "Chuck Berry, a Founding Father of Rock 'n' Roll, Dies at 90". Billboard. 2017-03-18. Consultado o 2020-09-17.
- ↑ "Chuck Berry, a rock 'n' roll originator, dies at age 90". The Salt Lake Tribune (en inglés). Consultado o 2020-09-18.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |