[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Terra baixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terra baixa
Portada de Terra baixa
Autor/aÀngel Guimerà
OrixeCataluña
LinguaCatalán
Xénero(s)Teatro
EditorialImp. la Renaixensa
Data de pub.1896
Páxinas128
Precedido porLa festa del blat
Seguido porMossèn Janot
Na rede
IBDB: 5909 BNE: XX2011203 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Busto de Àngel Guimerà, autor de Terra baixa, en Santa Cruz de Tenerife.

Terra baixa é unha obra teatral do dramaturgo e poeta Àngel Guimerà, unha das máis populares de todas as que escribiu. Este drama é unha das obras máis representadas e traducidas da lingua catalá,[1] e converteuse nun clásico do repertorio teatral catalán.[2]

Cando escribiu esta obra, o escritor pasaba por unha etapa de proposta social da súa creación literaria, ademais das intrigas e paixóns amorosas que xa plasmara nunha obra anterior súa, Maria Rosa, máis correspondente co teatro romántico. Guimerà seguiu a liña xeral dos movementos literarios do momento histórico no que viviu.