Àngel Guimerà
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
(1894) | |
Nome orixinal | (ca) Àngel Guimerà i Jorge |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de maio de 1845 Santa Cruz de Tenerife, España |
Morte | 18 de xullo de 1924 (79 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc, via Sant Josep 3, hipogeu bizantí A, número 9 41°21′11″N 2°09′09″L / 41.352978, 2.152542 |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, poeta, dramaturgo, guionista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Guimerá (Ángel), p.190) Obálky knih, |
|
Ángel Pío Juan Rafael Guimerá Jorge, coñecido co nome de Àngel Guimerà, nado en Santa Cruz de Tenerife o 6 de maio de 1845 e finado en Barcelona o 18 de xullo de 1924, foi un escritor, poeta e dramaturgo en lingua catalá.
A súa extensa obra, notable por unir a unha aparencia romántica os elementos principais do realismo, converteuno nun dos máximos expoñentes da Renaixença das letras catalás a finais do século XIX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Àngel Guimerà era fillo de Agustí Guimerà Fonts, catalán, e de Margarita Jorge Castellano, canaria.
Aos sete anos, trala morte do seu pai, marchou a Barcelona xunto ao seu tío, malia que pasaba tamén
moito tempo na vila de El Vendrell (Tarragona).
Durante toda a súa vida foi un defensor da cultura e a lingua catalás. Mesmo foi enterrado envolto nunha senyera, nun enterro multitudinario no cemiterio de Montjuïc.
Obra
[editar | editar a fonte]Iniciouse no mundo da literatura coa poesía, pero dedicouse ao teatro logo de obter o título de Mestre en Gai Saber tras gañar o seu terceiro Jocs Florals en 1877. Os dramas en verso Gal·la Placídia (1879), Judith de Welp (1883), Mar i cel (1888) e Rei i monjo (1890) convertérono no dramaturgo en lingua catalá máis importante da súa xeración. En 1889 foi homenaxeado coa presidencia dos Jocs Florals.
Maria Rosa (1894) foi unha das súas obras máis famosas, trala cal escribiu outras estreas que acadaron sona, como La festa del blat (1896). En 1897 publicouse o drama Terra baixa, que foi axiña traducida ao castelán (por José Echegaray) e a outras trece linguas europeas. En 1903, Eugen d'Albert estreou en Praga a ópera Tiefland, con libreto de Rudolf Lothar, baseada nese drama, e en 1907 Ferdinand Le Borne volveuno adaptar coa creación da ópera La catalane.
Algunhas das súas obras foron levadas ao cinema en lingua castelá, como Tierra baja (1907), María Rosa (1908), Mar y cielo (1910) ou La reina joven (1916). Terra baixa deu pé a películas mudas na Arxentina, Estados Unidos e Alemaña, onde en 1940 Leni Riefensthal dirixiu Tiefland (estreada en 1953).
Outras pezas súas son a comedia La Baldirona (1892) e o drama La filla del mar (1900), tamén convertida en ópera por Eugen d'Albert (Liebesketten, 1912). Xunto ao músico Enric Morera escribiu a sardana "La Santa Espina", que axiña acadou popularidade.
En 1904 a Academia Sueca tiña previsto concederlle o Premio Nobel de Literatura xunto ao poeta provenzal Frédéric Mistral, valorando así dous autores paradigmáticos do renacemento literario case simultáneo de dúas linguas latinas cunha parte de historia común. Porén, debido a presións desde o goberno español, que consideraban pouco apropiado premiar un autor catalán (e que amais tivera un relevante papel político en Cataluña), impediron que o proxecto da Academia se levase a cabo. En lugar de Guimerà, foi proposto José Echegaray que, á parte da súa obra propia, traducira ao castelán algunhas obras de Guimerà. Así, o Premio Nobel foi finalmente concedido aos dous autores, aínda que nada tiñan que ver entre eles.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Àngel Guimerà |
A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |