Toni Dovale
(2016) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | Antonio Rodríguez Dovale | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 4 de abril de 1990 (34 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,77 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Rodríguez Dovale, coñecido como Toni Dovale, nado na Coruña o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego. Xoga como extremo no Eastern SC, da Primeira División de Hong Kong. Debutou como profesional en 2009 nas filas do Celta de Vigo, e durante os seguintes anos militou en clubs de seis países (España, Estados Unidos, a India, Chipre, Tailandia e Hong Kong).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña, comezou xogar desde cativo no Ural e no Obradoiro para finalmente no ano 2002 recalar nas categorías inferiores do FC Barcelona. En 2005 regresou a Galiza para xogar nas categorías inferiores do Celta de Vigo.
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]Con 19 anos debutou profesionalmente co club vigués, sendo titular no partido que enfrontou aos celtiñas contra o Numancia no Estadio de Balaídos o 29 de agosto de 2009. O partido, correspondente á primeira xornada da tempada 2009/10 da Segunda División, rematou con derrota para os locais por 1–2.[1] Disputou un total de 16 encontros esta tempada, marcando dous goles, contra Las Palmas e Nàstic.
Despois dunha breve cesión en 2011 ao Huesca, da mesma categoría, na tempada 2011–12 disputou 34 partidos co Celta e anotou dous goles, contribuíndo deste xeito ao regreso do club celeste á Primeira División despois de cinco anos de ausencia. Fixo o seu debut na máxima categoría o 18 de agosto de 2012 na derrota por 0–1 ante o Málaga CF. Aínda que o seu futuro semellaba incerto no Celta despois da chegada do adestrador Luis Enrique no verán de 2013, ficou finalmente no club onde foi reconvertido a lateral esquerdo.
Sporting Kansas City
[editar | editar a fonte]En marzo de 2014 desvencellouse do Celta e asinou co Sporting Kansas City da Major League Soccer estadounidense.[2] Alí marcou o seu primeiro gol o 27 de maio, no empate 1-1 na casa ante os New York Red Bulls. O 19 de agosto debutou nunha competición continental, na primeira xornada da Liga de Campións da CONCACAF contra o Real Estelí no estadio Independencia de Nicaragua, marcando o gol que colocou o empate definitivo 1-1. No seguinte encontro do torneo, marcou dous goles na vitoria por 3-1 sobre o Deportivo Saprissa de Costa Rica.[3]
Lugo
[editar | editar a fonte]Tras a fin da tempada da MLS, volveu a Galiza para adestrar co Club Deportivo Lugo da Segunda División, club polo que fichou finalmente o 29 de xaneiro de 2015 até final de tempada. Xogou 20 partidos no equipo de Quique Setién, anotando 3 goles.
Leganés e cesión a Vallecas
[editar | editar a fonte]En xuño de 2015 fichou polo Leganés, tamén de Segunda.[4] Disputou 18 encontros no equipo adestrado por Asier Garitano, e conseguiu o seu segundo ascenso a Primeira. Na seguinte tempada no contou con minutos e no mercado invernal saíu cedido ao Rayo Vallecano.
Bengaluru
[editar | editar a fonte]En 2017 volveu saír ao estranxeiro, fichando polo Bengaluru indio. No equipo de Bangalore tivo como adestrador ao catalán Albert Roca e entre os seus compañeiros a Miku, Juanan, Dani Segovia ou Víctor Pérez.[5] En febreiro de 2018 fixo historia ao ser o primeiro futbolista do club en marcar un triplete nunha competición oficial da AFC. Foi nun partido da Copa AFC contra o TC Sports maldivano.[6] Acabou a tempada como subcampión da Superliga da India, por detrás do Chennaiyin.
Nea Salamis e cesión ao East Bengal
[editar | editar a fonte]En setembro de 2018 fichou polo Nea Salamis de Chipre, e uns meses despois regresou á India, cedido polo club chipriota ao East Bengal de Calcuta. Co club calcutense, adestrado polo asturiano Alejandro Menéndez, rematou subcampión da I-League, só por detrás do Chennai City.
Navy FC
[editar | editar a fonte]En 2019 sumou un novo país á súa traxectoria, asinando co Navy FC da segunda división de Tailandia. O equipo de Chonburi, que viña de descender dende a máxima categoría, realizou unha mala tempada, e acabou no antepenúltimo posto.
El Ejido
[editar | editar a fonte]Despois de rematar a tempada co club tailandés, regresou a Galiza, onde o sorprendeu a pandemia de COVID-19. Coa carreira de Farmacia rematada dende había uns anos, aproveitou para facer as prácticas na farmacia da súa familia na Coruña.[7][8] Uns meses despois comezou a adestrar co Racing de Ferrol, e en xaneiro de 2021 asinou co CD El Ejido, co que disputou o que restaba da tempada 2020/21 da Segunda División B.[9]
Eastern SC
[editar | editar a fonte]En setembro de 2021 volveu facer as maletas, esta vez con destino a Hong Kong, onde fichou polo Eastern SC, club da Primeira División dirixido por un adestrador galego, o Chino Losada.[10] Debutou na máxima categoría hongkonesa nun partido contra o Kitchee no estadio Mong Kok.[11]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Tempada | Liga | Copa | Continental | Outros[N 1] | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
Celta de Vigo B | 2007–08 | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 5 | 0 |
2008–09 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 | |
2009–10 | 20 | 6 | 0 | 0 | - | - | - | - | 20 | 6 | |
Total club | 26 | 6 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 26 | 6 | |
Celta de Vigo | 2009–10 | 12 | 2 | 4 | 0 | - | - | - | - | 16 | 2 |
2010–11 | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 | |
Huesca | 2010–11 | 16 | 1 | 0 | 0 | - | - | - | - | 16 | 1 |
Celta de Vigo | 2011–12 | 30 | 2 | 4 | 1 | - | - | - | - | 34 | 3 |
2012–13 | 14 | 0 | 2 | 0 | - | - | - | - | 16 | 0 | |
2013–14 | 12 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 13 | 0 | |
Total club | 68 | 4 | 12 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 80 | 5 | |
Sporting Kansas City | 2014 | 19 | 1 | - | - | 4 | 3 | - | - | 23 | 4 |
Lugo | 2014–15 | 20 | 3 | 0 | 0 | - | - | - | - | 20 | 3 |
Leganés | 2015–16 | 14 | 1 | 4 | 0 | - | - | - | - | 18 | 1 |
2016–17 | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 | |
Total club | 14 | 1 | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 19 | 1 | |
Rayo Vallecano | 2016–17 | 2 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 2 | 0 |
Bengaluru FC | 2017–18 | 12 | 0 | 4 | 0 | 6 | 3 | - | - | 22 | 3 |
Nea Salamis | 2018–19 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 0 | 0 |
East Bengal | 2018–19 | 11 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 11 | 0 |
Navy FC | 2019 | 8 | 2 | 0 | 0 | - | - | - | - | 8 | 2 |
El Ejido | 2020–21 | 18 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 18 | 0 |
Eastern SC | 2021–22 | 4 | 0 | 1 | 1 | 0 | 0 | 6 | 1 | 11 | 2 |
Total carreira | 218 | 18 | 22 | 2 | 10 | 6 | 6 | 1 | 256 | 27 |
- ↑ Inclúe partidos da Sapling Cup.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La efectividad del Numancia azota el perdón vigués" [A efectividade do Numancia azouta o perdón vigués] (en castelán). Marca. 29 de agosto de 2009.
- ↑ "Toni se desvincula del Celta y ficha por el Kansas City". Marca (en castelán). 11 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Toni: 'Mr. Concachampions'". Marca (en castelán). 6 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Toni Dovale, zurdo de clase para el ataque" (en castelán). 10 de xullo de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2023.
- ↑ Castro, Xosé Ramón (12 de marzo de 2018). "Toni Dovale, futbolista en tres continentes" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Toni Dovale hace historia en el Bengalaru indio". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ Núñez, Alfonso (26 de marzo de 2020). "Toni Dovale: el coruñés que cambió el fútbol por la farmacia por el coronavirus" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ Polo, Edu (20 de marzo de 2020). "Un futbolista en la farmacia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El coruñés Toni Dovale firma por El Ejido". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El excéltico Toni Dovale jugará en la Premier League de Hong Kong" (en castelán). 15 de setembro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Kitchee - Eastern". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toni Dovale |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Nados en 1990
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Sporting Kansas City
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Bengaluru FC
- Xogadores do Nea Salamis Famagusta FC
- Xogadores do SC East Bengal
- Xogadores do Navy FC
- Xogadores do CD El Ejido
- Xogadores do Eastern Sports Club
- Xogadores do Coruxo FC