[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pelayo Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPelayo Novo
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso81 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, tenista en cadeira de rodas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   Real Oviedo-Vetusta 6(3)
2008–2012   Real Oviedo 94(14)
2012–2017   Elche CF
2013–2014 cesión   Córdoba CF 24(1)
2014–2015 cesión   CD Lugo 14(4)
2017–2017 CFR Cluj
2017–2018   Albacete Balompié

Pelayo Novo García, coñecido habitualmente como Pelayo, nado en Oviedo o 1 de novembro de 1990 e finado en Asturias o 28 de febreiro de 2023, foi un futbolista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Oviedo, Pelayo comezou xogar nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o Real Oviedo. Alí subiu rapidamente ao primeiro equipo, onde xogou desde 2008 até o 2012. No seu último ano no club ovetense, marcou 7 goles en 34 partidos, nun total de 2.749 en minutos de xogo, para axudar aos asturianos a rematar na sexta posición. O 6 de xullo de 2012, asinou un contrato de tres anos co Elche CF na Segunda División.[1] O 19 de agosto fixo o seu debut oficial ao entrar en substitución de Carles Gil nos últimos minutos, partido que gañou o seu equipo na casa por 4-2 contra a Ponferradina.[2] O 6 de outubro do mesmo ano anotou o seu primeiro gol en liga, axudando ao seu equipo a gañar por 2-1 contra o Mirandés.[3]

Tras acadar o ascenso co club ilicitano, asinou un novo contrato por dous anos, sendo logo transferido en calidade de cedido ao Córdoba en xullo de 2013.[4] En Córdoba deu no decisivo partido polo ascenso o pase de gol que lle valía ao club andaluz xogar na seguinte tempada na Primeira División, nun estraño partido contra a Unión Deportiva Las Palmas. Así, Pelayo conseguiu dous ascensos nos seus dous primeiros anos na categoría de prata.[5] O 29 de xullo de 2014 anunciouse a súa cesión de novo a un club da Segunda división, esta vez ao Lugo.

Deixou o fútbol en 2018, despois dunha caída dende o terceiro piso dun hotel que o deixou nunha cadeira de rodas.[6] Faleceu o 28 de febreiro de 2023, con 32 anos, ao tirarse ás vías do tren na estación asturiana de La Corredoria.[7]

Ano Club División Partidos Goles
2009-2010 Real Oviedo Segunda B 24 4
2010-2011 Real Oviedo Segunda B 19 2
2011-2012 Real Oviedo Segunda B 34 7
2012-2013 Elche CF Segunda 26 1
2013-2014 Córdoba CF Segunda 22 1
2014-2015 CD Lugo Segunda

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]