TTS 2
TTS 2 / TETR 2 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 8 de novembro de 1968[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta E[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Desenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2] |
Decaemento | 19 de setembro de 1979[1] |
NSSDC ID | 1968-100B |
Masa | 40,0 kg[2][6][7] |
TTS 2 (Test and Training Satellite 2), tamén coñecido como TETR 2, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 8 de novembro de 1968 mediante un foguete Delta E desde Cabo Cañaveral.[2][5]
Características
[editar | editar a fonte]TTS 2 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 2 foi lanzado no mesmo foguete que a sonda Pioneer 9 e a súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 9,5 vatios en banda S e un transmisor de VHF cunha potencia de 1,2 vatios. Tiña forma de octaedro duns 30 cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 2 foi inxectado nunha órbita inicial de 938 km de apoxeo e 376 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,8 graos e un período de 97,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 19 de setembro de 1979.[1][2][3][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TETR 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "TETR 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 24 February 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-04583). 6 de marzo de 1969: 2. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "TTS 2 / TETR 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TTS, TETR (ERS)" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013.