[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pioneer 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pioneer 9 / Pioneer D
Pioneer 9
TipoCientífico
FabricanteTRW
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica.[1]
Data de lanzamento8 de novembro de 1968, 9:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta E1[3][5]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo do espazo interplanetario coordinadamente con outras sondas espaciais.[3][6]
NSSDC ID1968-100A
Masa147,0 kg[5]

Pioneer 9, tamén coñecida como Pioneer D, foi unha sonda espacial lanzada o 8 de novembro de 1968 mediante un foguete Delta E1 xunto co satélite TTS 2 desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Pioneer 9 adicouse a estudar o espazo interplanetario xunto coas súas naves xemelas Pioneer 6, Pioneer 7 e Pioneer 8. Unha quinta nave, Pioneer E, non chegou á órbita por problemas co foguete lanzador. O obxectivo era estudar os mesmos fenómenos desde distintos puntos do espazo, entre eles estudar os ións positivos e os electróns do vento solar, a densidade interplanetaria de electróns, os raios cósmicos galácticos e solares e o campo magnético interplanetario. As naves considéranse a primeira rede espacial de estudo do tempo espacial, proporcionando datos prácticos sobre o impacto das tormentas solares nas redes de comunicacións e enerxía da Terra.[3][5][6]

Pioneer 9 tiña forma de cilindro do que saían os diversos instrumentos e estabilizábase mediante xiro a unhas 60 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano da eclíptica e apuntando cara ao polo sur. A nave podía configurarse mediante comandos para enviar datos a unha entre cinco velocidades distintas (512, 256, 64, 16 e 8 bps) nun formato entre catro diferentes posibles e funcionando a entre un de catro modos dispoñibles (tempo real, almacenamento de telemetría, almacenamento de recolección de datos e lectura de memoria). No modo de tempo real a nave enviaba datos á Terra segundo ía facendo as medicións científicas, no modo de almacenamento de telemetría a nave enviaba os datos ao tempo que os recolectaba pero ao mesmo tempo os gardaba na memoria de a bordo, no modo almacenamento de recolección de datos gardábanse datos científicos a intervalos de tempo de entre 2 e 17 minutos a elección dos controladores en terra para cubrir períodos de ata 19 horas pola limitación da memoria de a bordo e no modo de lectura de memoria leíanse e enviábanse datos á Terra. A enerxía da nave era producida polas células solares que recubrían as paredes do corpo da nave, producindo ata 79 vatios de potencia.[3][5][6]

O último contacto que se fixo coa nave tivo lugar en maio de 1983, intentandose contactar de novo en 1987, sen éxito. Non se volveu a intentar o contacto coa nave.[3]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 9" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 24 February 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-04583). 6 de marzo de 1969: 2. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 9" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Pioneer 9" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 6, 7, 8, 9, E" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Pioneer 6-7-8-9-E" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]