[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

TIFF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

TIFF ou TIF (Tagged Image File Format) é un formato gráfico que xera arquivos grandes pero cunha boa calidade de imaxe e converteuse no formato padrón dos arquivos gráficos (32 bit) con elevada definición de cores. Úsase en aplicacións de manipulación de imaxes como Photoshop, DTP e escáneres e tamén para o intercambio de imaxes entre as diversas plataformas. Ademais dos datos da imaxe, os arquivos TIFF conteñen etiquetas nas que se arquiva información sobre as características da imaxe.
Desenvolveuno orixinalmente a empresa Aldus para o uso no proceso de impresión PostScript. Actualmente é propiedade de Adobe, a última especificación do formato é a 6.0 que data de 1992.
O formato TIFF admite opcionalmente o sistema de compresión LZW (Lempel-Ziv-Welch) sen perda de calidade. Ata 2004 o uso desta opción estaba suxeito a varias patentes, que expiraaron a partir desta data.