PCX
PCX (de PiCture eXchange) é un formato de imaxe dixital que usa a forma simple da codificación run-length (un tipo de compresión sen perdas).
Desenvolvido por Zsoft Corporation de Marietta, Xeorxia (Estados Unidos), foi o formato nativo para o programa Paintbrush de PC, o cal foi un dos primeiros programas de gráficos populares que funcionaban baixo DOS nos primeiros PC. A súa popularidade tamén se debe a que era un dos formatos empregados polo Deluxe Paint, xunto co ILBM.
A maioría dos arquivos PCX usa unha paleta de cor indexada, pero o formato foi ampliado para permitir imaxes de 24 bits. PCX foi bastante popular en sistemas baixo DOS ou Windows, pero actualmente é pouco común, e foi en boa parte substituído por formatos con mellor compresión e prestacións, tales como o PNG ou o JPEG.
Este algoritmo de compresión é moi rápido e emprega moi pouca memoria, pero non é moi eficiente especialmente en fotografías.
Estrutura do PCX
[editar | editar a fonte]Estrutura xeral
[editar | editar a fonte]Cabeceira (128 Bytes) |
Imaxe bruta |
Paleta (opcional, só 256 colores) |
Cabeceira
[editar | editar a fonte]Posición | Bytes | Significado |
---|---|---|
0 | 1 | Identificación: 10 (0AH) = arquivo PCX |
1 | 1 | PCX-File Version: 0 = Versión 2.5 2 = Versión 2.8 con Paleta 3 = Versión 2.8 paleta por defecto 4 = Windows sen paleta 5 = Versión 3.0 ou superior |
2 | 1 | Codificación 0 = ningunha 1 = RLE |
3 | 1 | Bits por Pixel 1 - Monocromo 4 - 16 cores 8 - 256 cores 24 - 16.7 millóns de cores ou truecolor |
4 | 8 | Coordenadas da imaxe XMIN, YMIN, XMAX, YMAX |
12 | 2 | Resolución horizontal en ppp (puntos por polgada) |
14 | 2 | Resolución vertical en ppp (puntos por polgada) |
16 | 48 | Mapa de cores coa definición da paleta. Organizado en campos bytes de 16*3 |
64 | 1 | Reservado |
65 | 1 | Cantidade de planos, max. 4 |
66 | 2 | Bytes por liña de imaxe (o ancho da imaxe en bytes) |
68 | 2 | Información da paleta 1 = cor 2 = Escala de grises |
70 | 2 | Anchura real en pixeles |
72 | 2 | Altura en píxeles |
74 | 54 | Bytes de recheo. |