Waldheim
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia - Sachsen | ||||
Rural district of Saxony (en) | Saxónia Central (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.033 (2022) (217,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,62 km² | ||||
Altitude | 266 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04736 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 034327 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | stadt-waldheim.de |
Waldheim é unha cidade pertencente ao Distrito de Chemnitz, en Saxonia (Alemaña).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Encóntrase situada a 266 msm, xunto ao río Zschopau, a 9 km ao suroeste da cidade de Döbeln, e a 28 km ao norte de Chemnitz.
Ten unha superficie de 23,81 km², e unha poboación (censo do 31 de decembro de 2008), de 8 606 habitantes, o que representaba unha densidade de 361 hab/km².
Historia
[editar | editar a fonte]En 1198 o bosque (Wald) que dá nome á cidade aparece mencionado por primeira vez e, xa en 1271, apareceu a primeira mención documental do seu castelo.
Recibiu o título de cidade en 1286.
Adheriuse á Reforma protestante en 1537.
Nesta localidade naceu, o 13 de outubro de 1771 (daquela pertencía ao Electorado de Saxonia, do Sacro Imperio Romano Xermánico), o anatomista, entomólogo e paleontólogo Johann Fischer von Waldheim.
Durante a segunda guerra mundial, a súa prisión recibiu algúns deportados políticos ("Nacht und Nebel") de Bélxica e do departamento francés de Nord-Pas-de-Calais, despois da súa condena.[1]
Monumentos arquitectónicos
[editar | editar a fonte]- Mercado, coa súa torre-campanario, século XVIII.
- Igrexa luterana de San Nicolás, 1842.
- Casa o Concello (Rathaus) cunha torre e unha gran sala (Jugendstil), 1902.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Postal de 1899
-
Centro da cidade en 2008
-
Mercado
-
Campanario do Mercado
-
Cárcere
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michel Reynaud, Fondation pour la mémoire de la déportation. Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas par mesure de persécution, 1940-1945, Volume 1 páxinas 116-122-226.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Waldheim |