[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Norte-Paso de Calais

(Redirección desde «Nord-Pas-de-Calais»)
Modelo:Xeografía políticaNorte-Paso de Calais
Nord-Pas-de-Calais (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoNorte, Francia e Pas-de-Calais Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°28′00″N 2°43′00″L / 50.466666666667, 2.7166666666667
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalLille Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.060.741 (2013) Editar o valor en Wikidata (327,11 hab./km²)
Lingua usadaLingua picarda Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie12.414 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación4 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
Disolución31 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porAltos de Francia Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-O Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR3 Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir31 Editar o valor en Wikidata

Norte-Paso de Calais[1] (en francés: Nord-Pas-de-Calais, en picardo: Nord-Pas-d'Calés, en flamengo occidental: Noord-Nauw van Cales) foi unha das 27 rexións de Francia ata a reforma territorial francesa de 2014. Estaba constituída polos departamentos de Norte e de Paso de Calais, e situada ao norte da Francia metropolitana, compartindo fronteira con Bélxica. A súa capital fora Lille.

A maior parte da rexión formara parte dos Países Baixos do Sur, un territorio da rexión histórica dos Países Baixos baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico e gobernado por Borgoña, e posteriormente por España e Austria. Gradualmente se tornou parte de Francia entre 1477 e 1678, especialmente durante o reinado de Lois XIV. As históricas provincias de Francia no seu territorio eran as de Artois, o Flandres Francés e o Hainaut Francés.

A área está densamente poboada, cunha proporción duns 330,8 h/km2 e con arredor de 4,1 millóns de habitantes, o 7% do total de Francia. Ademais de Lille, a capital, outra cidade de importancia foi Calais, que serve de nó de conexións económicas con Dover, na Gran Bretaña.

O nome Norte-Paso de Calais combina os nomes dos departamentos que constitúen a rexión, os de Norte e Paso de Calais. Aínda que o nome francés do departamento é Pas-de-Calais, o consello rexional escribe o nome da rexión como Nord-Pas de Calais, sen guións.[2]

A parte norte da rexión foi historicamente parte do Condado de Flandres, con Douai como capital. É por iso que tamén é chamada Países Baixos franceses (en francés: Pays-Bas français). Outros nomes alternativos son Rexión de Flandres-Artois, Altos de Francia e Picardía do Norte.

  1. Ver entrada de «Roubaix». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1837. ISBN 9788482893600. 
  2. Région Nord-Pas de Calais. "Qu'est ce que la Région?" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de maio de 2014. ]