Sônia Braga
(2002) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1950 (74 anos) Maringá (Brasil) |
Residencia | Nova York |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1967 - |
Familia | |
Cónxuxe | Antonio Guerreiro (1976–1978) |
Irmáns | Ana Braga |
Parentes | Alice Braga, sobriña |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) |
Sitio web | soniabragaonline.com |
|
Sônia Maria Campos Braga, nada en Maringá (Estado do Paraná) o 8 de xuño de 1950, é unha actriz brasileira con cidadanía estadounidense, que comezou a ser coñecida internacionalmente após o filme Dona Flor e seus dois maridos de Bruno Barreto.[1] É irmán da actriz Ana Braga e tía de Alice Braga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Quinta de sete fillos, perdeu ao seu pai cando só tiña oito anos. Antes de intentar unha carreira artística, traballou como secretaria, e máis tarde estudou como actriz de teatro. O seu debut foi nun programa de televisión infantil, O Jardim Encantado, tras o que participou no musical Hair con dezanove anos, en 1969.
Carreira
[editar | editar a fonte]Co paso dos anos gañou a reputación de icona sexy brasileira polas escenas de alto contido erótico nalgunhas películas nas que protagonizou; no seu país de orixe alcanzou a popularidade de facto sobre todo coa transposición televisiva (1975) e despois en cinema (1983) da novela Gabriela, cravo e canela de Jorge Amado, e posteriormente con Vida e milagres de Tieta de Agreste en 1996.
Sonia trasladouse posteriormente aos Estados Unidos de América, onde protagonizou diversas películas, entre as que destacan Kiss of the Spider Woman (1985) de Héctor Babenco, onde actuou xunto a Raúl Juliá (xunto a quen actuaría de novo no derradeiro filme de Juliá, no que interpretou a Chico Mendes), e Milagro (1988) de Robert Redford, actor co que tivo unha longa relación afectiva. Tivo papeis protagonistas nas telenovelas Dancin' Days (1978) e Samba d'amore (1980); tamén foi estrela convidada na serie de televisión estadounidense The Cosby Show (1986), Sex and the City (2001) e Alias (2005). En 2017 participou en Aquarius, o seu primeiro filme brasileiro en quince anos, que foi proxectada no Teatro García Barbón de Vigo, e de novo coa retrospectiva sobre o director Kleber Mendonça Filho no Festival de Cans.[2][3][4]
Entre varios premios recibiu o Platino e foi nomeada a dous Globos de Ouro e un BAFTA.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (EN) Sonia Braga - Biography, su imdb.com. URL consultato il 15 aprile 2017.
- ↑ "Sonia Braga ; Olhaparo". Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "Sonia Braga protagoniza una de las proyecciones del festival de cine". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-10. Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "O Festival de Cans comezou este xoves a súa edición máis internacional cunha retrospectiva sobre Kleber Mendonça Filho". ECG. Consultado o 2022-12-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sônia Braga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Sônia Braga |
- Sônia Braga na Memoiraglobo (globo.com)
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |