Ruína
O termo ruína é usado para describir os restos de arquitectura humana, estruturas que algunha vez foron un todo, pero que se derruíron parcial ou completamente debido á carencia de mantemento ou aos actos deliberados de destrución. As catástrofes naturais, as guerras e a despoboamento, son as causas máis comúns que levan a unha edificación ás ruínas.
Existen ruínas famosas en todo o mundo, desde antigos lugares na China, o Val do Indo e Xudea, ata sitios de Zimbabue en África, Grecia, Exipto e Roma ao lado da conca do Mediterráneo, como tamén nos territorios incas e maias de América.
As ruínas son moi importantes para os historiadores, arqueólogos e antropólogos, trátese do que algunha vez foron fortificacións, lugares de adoración, casas, edificios ou pobos, vilas e cidades enteiras. Moitas das ruínas descubertas ou coñecidas, volvéronse Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco en anos recentes, entidade que os identifica e conserva como áreas de valor excepcional para a humanidade.
As ruínas forman parte do repertorio de ideas e correntes de pensamento e reflexión filosófica e de estética a partir do Renacemento italiano, no cal resalta a obra de Piranesi, e posteriormente no século XVIII con Edmund Burke e William Gilpin, relacionado con categorías estéticas como o sublime e o pintoresco. Innumerables obras de arte, tanto na pintura como na arquitectura e a literatura, conteñen representacións da ruína como metáfora e alegoría, en torno ao pasado da humanidade e a condición moral da existencia humana.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PERPINYA, Núria. Ruins, Nostalgia and Ugliness. Five Romantic perceptions of Middle Ages and a spoon of Game of Thrones and Avant-garde oddity. Berlin: Logos Verlag. 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruína |