[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ribitol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribitol
Identificadores
Número CAS 488-81-3
PubChem 827
ChemSpider 10254628
KEGG C00474
ChEBI CHEBI:15963
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C5H12O5
Masa molar 152,15 g mol−1
Punto de fusión 102 °C; 216 °F; 375 K
Perigosidade
Frases R
Frases S S22, S24/25

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Ribitol ou adonitol é un azucre-alcohol de 5 carbonos cristalino coa fórmula C5H12O5, formado a partir da redución da pentosa ribosa. Aparece de forma natural na planta Adonis vernalis, e na parede celular de bacterias grampositivas (especificamente, como ribitol fosfato, nos ácidos teicoicos). No ser humano o ribitol é un produto final metabólico formado pola redución da ribosa en fibroblastos e eritrocitos [1]. Tamén forma parte da estrutura química da riboflavina e dos coencimas flavínicos flavín mononucleótido (FMN) e flavín adenín dinucleótido (FAD). En Escherichia coli, o D-ribitol pode actuar como inhibidor da L-arabinosa isomerase e da D-arabinosa isomerase.[2]

  1. Human Metabolome Database
  2. "E. coli Metabolome Database". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]