[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rita Marley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRita Marley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Santiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
RelixiónMovemento rastafari Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoReggae Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoTuff Gong Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBob Marley (1966–1981) Editar o valor en Wikidata
FillosSharon Marley, Cedella Marley, Ziggy Marley, Stephen Marley Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webritamarleyfoundation.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0549138 Allocine: 562873 Allmovie: p45622
Instagram: officialritamarley MySpace: ritamarley Musicbrainz: efc381ba-ea68-49ca-af91-bebdd40fe1d8 Songkick: 237647 Discogs: 148344 Allmusic: mn0000173988 WikiTree: Anderson-20394 Editar o valor en Wikidata

Alpharita Constatia Marley (de solteira Anderson[1]), nada en Santiago de Cuba o 25 de xullo de 1946, é unha cantante cubana, nacionalizada xamaicana, célebre por ser a esposa de Bob Marley[1] e integrante do grupo I Threes, que facía voces de apoio para o músico de reggae.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Rita (centro) xunto coas I Threes

Rita naceu en Santiago de Cuba, filla de Leroy Anderson e Cynthia “Beda” Jarrett. Creceu nos arredores de Beachwood Avenue[3] da cidade de Kingston, Xamaica. Rita foi criada pola súa tía Viola en Greenwich Park Road.[3]

A mediados da década de 1960, Rita coñeceu a Bob Marley despois dunha reunión con Peter Tosh. Posteriormente sóubose que ela era unha cantante convidada para unha proba para os Soulettes, máis tarde coñecidos como I Threes. O grupo incluíu a Rita, o seu primo Constantine "Dream" Walker e Marlene "Precious" Giffordwas.[3] Bob converteuse no mentos e xerente do grupo, e traballando xuntos, el e Rita namoráronse.

Casaron o 11 de febreiro de 1966. Non obstante, díxose que a razón para o matrimonio era un xeito de facer máis doado que Rita emigrase aos Estados Unidos. Bob debeu decidir que non quedaría máis en Xamaica e ía ir vivir aos Estados Unidos despois dunha visita coa súa nai a Delaware.

Rita foi criada como cristián, mais involucrouse no movemento rastafari antes de testemuñar estigmas durante a visita de Haile Selassie a Xamaica o 21 de abril de 1966. Non obstante, permaneceu como membro activo da Igrexa Ortodoxa de Etiopía.

Trala morte de Marley gravou álbums co seu nome, algúns deles con éxito no Reino Unido. En 1986, Rita tomou a decisión de transformar a casa de Bob Marley no Museo Bob Marley. Tamén foi a fundadora e presidenta da Fundación Robert Marley, Bob Marley Trust, e o Grupo de Empresas Bob Marley. En 2000 fundou a Rita Marley Foundation. Adoptou 35 nenos en Etiopía e atendeu máis de 200 na Escola Metodista de Konkonuru, en Ghana, onde tamén asumiu o compromiso de causar un impacto positivo nas súas vidas.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1980: Rita Marley - Trident
  • 1981: Who Feels It Knows It - Shanachie
  • 1988: Harambe (Working Together for Freedom) - Shanachie
  • 1988: We Must Carry on - Shanachie
  • 1990: Beauty of God's - Shanachie
  • 1990: Good Girls Cult - Shanachie
  • 1990: One Draw - Shanachie
  • 2003: Sings Bob Marley...and Friends - Shanachie
  • 2004: Play Play - Universal Music
  1. 1,0 1,1 "Rita Marley > Biography". allmusic (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  2. "Que rufem os tambores". Folha de S.Paulo (en portugués). 11/04/2000. Consultado o 20/06/2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Dixon
  4. "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-17. Consultado o 2011-02-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]