[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ramón Piña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Piña
Nome orixinalRamón Piña Martínez
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 1983 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Ramón Piña Martínez, nado en Buño (Malpica de Bergantiños) o 2 de febreiro de 1956, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Naceu en Buño, sendo fillo de Clarisa Martínez, unha ama de casa da mesma localidade e de Ramón Piña, un albanel de Mera.[1][2] Viviu en Buño ata os 12 anos, cando se trasladou a Tui.

Con 16 anos recibiu a visita de Alfonso Pintos, adestrador dos xuvenís do Deportivo da Coruña, que chegou coa intención de fichalo.[1] Así, ingresou no equipo xuvenil coruñés, no que permaneceu dous anos xogando todos os partidos.

Tras pasar polo Fabril, debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División na tempada 1973–74, na que xogou 25 partidos. Xogou nove tempadas máis co club coruñés, vivindo dous descensos a Terceira División e a Segunda B e outros dous ascensos, e disputando máis de 300 partidos, o que o coloca entre os xogadores con máis encontros coa camisola branquiazul.[3]

En agosto de 1983 asinou polo CD Lugo, de Terceira División,[4] no que xogou unha soa tempada, antes de recalar no Bergantiños FC no verán de 1984.[5] Co equipo carballés xogou tres anos, converténdose no capitán e logrando nas dúas últimas tempadas dous históricos ascensos consecutivos a Terceira e a Segunda B.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Xogou dous anos na selección galega xuvenil e en 1972 disputou coa selección española xuvenil o Campionato de Europa.[1][6]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras o segundo dos seus ascensos co Bergantiños, en 1987 colgou as botas e pasou a ser o axudante do técnico Xulio Díaz no propio club, ademais de traballar nas categorías inferiores.[7] Esa mesma tempada (1987/88) chegou a dirixir o primeiro equipo en varios partidos pola ausencia de Díaz. Na seguinte tempada foi o segundo adestrador de José Ramón Segura, ata que este foi cesado en febreiro de 1989, momento no que Piña se puxo á fronte do equipo carballés ata o final de tempada.[8] Volveu dirixir o equipo entre 1991 e 1994,[9] cando foi cesado a pesar de ter logrado ese ano o título de Terceira División e estar xogando a fase de ascenso a 2ª B.[10]

En marzo de 1995 foi contratado polo Racing Vilalbés para tentar salvar o club do descenso á Rexional Preferente, cousa que non puido conseguir.[11] En xullo converteuse en novo adestrador do Racing de Ferrol para a tempada 1995/96.[12] En decembro foi destituído polo presidente Isidro Silveira a pesar de ir cuarto na clasificación.[13]

En agosto de 1996 fichou polo Betanzos, de Terceira División,[14] co que rematou a tempada 1996/97 no quinto lugar, a mellor clasificación da historia do club ata ese momento.[15] con todo, non foi renovado, e despois dun ano sen equipo volveu ao Betanzos en novembro de 1998.[16] Ao remate da tempada renovou por outro ano máis. No equipo betanceiro xogaba como porteiro o seu fillo Iván, e no partido contra o Fabril deuse a circunstancia de coincidiren tres membros da familia, pois o seu outro fillo, Queco, era o porteiro do filial deportivista.[17] Acabou a tempada 1999/00 como quinto clasificado, pero non foi renovado.[18]

En marzo de 2001 chegou ao banco do Cerceda, tamén na Terceira División, para tentar salvalo do descenso nas últimas xornadas, obxectivo que conseguiu, para adestrar o equipo durante toda a seguinte tempada.[19] En marzo de 2004 fichou polo Ordes, para adestralo ata o final de tempada.[20] En febreiro de 2005 volveu ao Cerceda.[21]

En 2007 chegou ao banco do Mesón do Bento.[22]

Os seus fillos Iván e "Queco" Piña foron tamén futbolistas, xogando os dous como porteiros.

  1. 1,0 1,1 1,2 Piña, Ramón (15 de decembro de 2019). "Una vida marcada por el fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  2. "Fallece la madre de Ramón Piña, exjugador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de abril de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  3. "Xogadores de Lenda: Piña". Deportivo da Coruña. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  4. "Manolín y Pina firmaron por el Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 1983. p. 32. 
  5. "Ocho millones y medio de pesetas presupuesto del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de agosto de 1984. p. 39. 
  6. "Piña: cinco veces internacional juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de maio de 1972. p. 18. 
  7. "El Bergantiños debutará en Segunda B sin haber cerrado el apítulo de fichajes". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto 1987. p. 37. 
  8. "Ramón Piña: El conocer la plantilla me ayudará, indudablmente". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 16 de febreiro de 1989. p. 48. 
  9. "Piña sustituye a Baleato al frente del primer equipo del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 22 de xuño de 1991. p. 50. 
  10. "El presidente del Bergantiños ha comunicado el cese a Ramón Piña". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 27 de maio de 1994. p. 48. 
  11. "El Racing Vilalbés dio la baja a tres jugadores y contrató a Ramón Piña como técnico". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 3 de marzo de 1995. p. 1. 
  12. "Ramón Piña dirigirá a la plantilla racinguista en la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 5 de xullo de 1995. p. 55. 
  13. "La directiva del Racing destituye a Piña haciendo caso «al clamor de la afición»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de decembro de 1995. p. 53. 
  14. "Piña y Juan José Vila entrenarán al Betanzos la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 1 de agosto de 1996. p. 57. 
  15. "Ramón Piña hizo historia con el Betanzos en Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 1997. p. 58. 
  16. "Ramón Piña, nuevo entrenador del Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1998. p. 58. 
  17. "Duelo familiar entre el Betanzos y el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de outubro de 1999. p. 66. 
  18. "La junta directiva del Betanzos CF decidió por unanimidad no renovar a Piña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de xuño de 2000. p. 51. 
  19. "Ramón Piña se estrena como técnico del Cerceda frente al Pontenova". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 18 de marzo de 2001. p. 12. 
  20. "Ramón Piña es desde ayer el nuevo entrenador del Ordes durante lo que queda de temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de marzo de 2004. p. 44. 
  21. "Entrevista a Ramón Piña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 2005. p. 38. 
  22. "González y Esteban vestirán la camiseta del Mesón do Vento". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 4 de xullo de 2007. p. 10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]