José Luis Diestro
Diestro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Diestro Sáiz | ||
Nacemento | 19 de marzo de 1919 | ||
Lugar de nacemento | Santander | ||
Falecemento | 17 de xuño de 1997 | ||
Posición | defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1939–1942 | Racing de Santander | 34 | (1) |
1942–1954 | Oviedo | 234 | (7) |
Adestrador | |||
1957–1958 | Caudal | ||
1960 | Avilés | ||
1960–1962 | Lugo | ||
1963–1964 | San Fernando | ||
1967–1969 | Lugo | ||
1979 | Oviedo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Diestro Sáiz, nado en Santander o 19 de marzo de 1919 e finado o 17 de xuño de 1997, foi un futbolista e adestrador español. Xogaba como defensa e militou durante case toda a súa carreira como xogador no Real Oviedo, co que disputou 257 partidos oficiais.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou na Primeira División co Racing de Santander, na primeira xornada da tempada 1939/40, fronte ao Hércules. En 1942 fichou polo Oviedo, club no que militou durante as seguintes 12 tempadas, 10 delas na máxima categoría. Xogou un total de 257 partidos oficiais co club asturiano, sendo no momento da súa retirada un dos futbolistas con máis partidos da historia do club.
Posteriormente foi adestrador e dirixiu entre outros clubs o propio Oviedo, na Primeira División en 1965. Volveu adestrar o club ovetense na tempada 1978/79, logrando o ascenso a Segunda División.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Real Oviedo
- Segunda División (1): 1951/52.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).