[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rafael Berges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Berges
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Adestrado porLogroñés Club de Fútbol (2016–2017)
Real Jaén (2015–2015)
Córdoba CF (2012–2013)
Córdoba Club de Fútbol B (2010–2011) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1991   Córdoba CF
1991–1993   CD Tenerife 40(0)
1993–2001   Celta de Vigo 159(7)
2001–2002   Córdoba CF 3(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1991   España sub-21 1(0)
1991–1992   España sub-23 8(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Córdoba Club de Fútbol B Editar o valor en Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 161509 Editar o valor en Wikidata

Rafael Berges Marín, nado en Córdoba o 21 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española, gañando con ela unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Córdoba CF, xogando na súa cidade natal dous anos, ao cabo dos cales foi traspasado ao CD Tenerife. Onde daría o seu gran salto de calidade, facendo moi boa tempada, o cal o levou a ser convocado coa selección española para os Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Este escaparate serviulle para firmar un bo contrato co Celta de Vigo onde xogou as seguintes oito tempadas, xogando a moi bo nivel a pesar que as continuas lesións nos xeonllos lle impediu chegar a ser o futbolista que puido chegar a ser, pasando as dúas últimas tempadas en Vigo no dique seco, sen poder xogar un só minuto. Ao cabo dos cales volveu a súa cidade natal para retirarse alí no ano 2003.

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Club Categoría Ano Partidos Goles
Córdoba CF 2ªB 1989-1990 33 0
Córdoba CF 2ªB 1990-1991 41 2
CD Tenerife 1991-1992 20 1
CD Tenerife 1992-1993 22 0
Celta de Vigo 1993-1994 29 2
Celta de Vigo 1994-1995 39 0
Celta de Vigo 1995-1996 33 0
Celta de Vigo 1996-1997 26 1
Celta de Vigo 1997-1998 30 3
Celta de Vigo 1998-1999 21 1
Celta de Vigo 1999-2000 0 0
Celta de Vigo 2000-2001 0 0
Córdoba CF 2001-2002 4 0

Inclúe partidos de 1ª, 2ª, 2ªB, Copa do Rei, Copa da UEFA e Promoción a Segunda. [1]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Club País Ano
Córdoba "B" España España 2006-2007
Lucena CF 2006
UD Almería "B" 2007
Séneca CF 2008
CD Linares 2008
CD Pozoblanco 2010-2011
Córdoba "B" 2011-2012
Córdoba CF 2012-2013
Real Jaén CF 2015
UD Logroñés 2016-2017

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 Selección española España 1992
Copa Intertoto da UEFA Celta de Vigo España 2000

Subcampión da Copa do Rei en 1994 co Celta de Vigo

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Na selección española coincidiu con xogadores como Pep Guardiola, Kiko ou José Emilio Amavisca, gañadores da medalla de ouro nas olimpíadas de Barcelona 92.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada foi coordinador das categorías inferiores do Córdoba CF e adestrador do seu filial. Despois pasou por equipos como o Lucena, a UD Almería "B", o Linares ou o CD Pozoblanco.

O 14 de xuño de 2012 foi contratado coma adestrador polo Córdoba CF.[2] O 8 de abril de 2013, foi destituído.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]