[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rosalynn Carter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosalynn Carter

(1977) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eleanor Rosalynn Smith Editar o valor en Wikidata
18 de agosto de 1927 Editar o valor en Wikidata
Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedemencia Editar o valor en Wikidata
39ª Primeira dama dos Estados Unidos
20 de xaneiro de 1977 – 20 de xaneiro de 1981
← Betty FordNancy Reagan → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónGeorgia Southwestern State University (en) Traducir (–1946) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria e Activismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, autobiógrafa, activista polos dereitos das mulleres, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeJames Earl "Jimmy" Carter (1946–2023), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosJack Carter, James Earl Carter III, Jeff Carter, Amy Carter Editar o valor en Wikidata
PaisWilburn Edgar Smith Editar o valor en Wikidata  e Frances Althea Murray Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0141914 Discogs: 2438261 WikiTree: Smith-233067 Find a Grave: 7748385 Editar o valor en Wikidata

Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas.

Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete. Foi a conselleira máis próxima ao seu marido. Tamén serviu como enviada no estranxeiro, particularmente en Latinoamérica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Rosalynn Carter aos dezasete anos.

Orfa de pai dende os trece anos,[1] axudou a súa nai no seu traballo de modista[2] para afrontar os seus estudos elementais. No Plains High School, Rosalynn traballou duro para facer realidade o soño do seu pai de que fose á facultade.[2] Matriculouse no Georgia Southwestern College, mais despois abandonouno.[3] Tiña aspiracións de saír de Plains, mais tivo que deixar a facultade debido á falta de diñeiro e por ter obrigas coa súa nai e irmáns.[4]

Casou con Jimmy Carter en 1946 e dende que este abandonou a Armada dos Estados Unidos colaborou na empresa familiar dedicada ao cultivo e comercialización de cacahuetes, no departamento de contabilidade.

Cando en 1962, Jimmy Carter foi elixido senador polo estado de Xeorxia, Rosalynn dedicouse a apoiar a carreira política do seu esposo. En 1970 converteuse na primeira dama de Xeorxia e decidiu centrarse na saúde mental.[5] Máis tarde fixo campaña para a candidatura de Carter á Presidencia dos Estados Unidos. Ao final do mandato incorporouse ao proxecto do Centro Carter, onde é codirectora.

Participou activamente nas tarefas preparatorias para a asistencia da fundación ao Referendo presidencial de Venezuela de 2004 a petición de todas as partes.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Rosalynn e Jimmy Carter casaron en Plains o 7 de xullo de 1946. O matrimonio cancelou os plans de Rosalynn de acudir ao Georgia State College for Women, onde planeaba estudar deseño de interiores.[6] A parella tivo catro fillos: John William "Jack" (nado en 1947), James Earl "Chip" III (nado en 1950), Donnel Jeffrey "Jeff" (nado en 1952) e Amy Lynn (nada en 1967).

  1. Carter, Rosalynn (1984), páx. 17.
  2. 2,0 2,1 Godbold, p. 44.
  3. "Rosalynn Carter". geni_family_tree. 
  4. Wertheimer, páx. 343.
  5. Lindsay, páx. 229.
  6. Kaufman, páx. 119.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]