Romolo Alzani
Alzani | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Romolo Alzani | ||
Nacemento | 6 de marzo de 1921 | ||
Lugar de nacemento | Roma | ||
Falecemento | 3 de outubro de 2002 | ||
Lugar de falecemento | Roma | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa e centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Alba Roma | |||
1934–1938 | Roma | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1938–1941 | Roma | 0 | (0) |
1939–1940 | → Rimini | 25 | (0) |
1941–1944 | Ala Italiana | ||
1944–1945 | MATER | ||
1945–1955 | Lazio | 263 | (7) |
1955–1956 | Foligno | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Romolo Alzani, nado en Roma o 6 de marzo de 1921 e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 2002, foi un futbolista italiano. Xogaba como defensa e centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira na Lazio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista no Alba da súa Roma natal e durante a Segunda guerra mundial xogou no campionato romano, primeiro nas filas do Ala Littoria e despois no MATER.[1]
Por recomendación de Fulvio Bernardini,[1] foi adquirido pola Lazio no verán de 1945 e debutou co equipo capitolino o 21 de outubro dese ano nun partido na casa ante o Pro Livorno que rematou cun resultado de 0-2. Formou a defensa da Lazio durante os seguintes anos xunto aos irmáns Sentimenti (III e IV), Antonazzi, Furiassi e Malacarne.
Militou durante unha década no club, co que disputou 263 partidos de liga, marcando 7 goles. Retirouse en 1956, despois dunha última campaña no Foligno.[1]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Tras a súa retirada traballou como adestrador e tivo un posto no Sector Técnico Federal, primeiro como seleccionador da selección semiprofesional e despois na de afeccionados.
A finais dos anos sesenta pasou a ser coordinador do sector xuvenil do sector futbolístico do CONI.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "LA NOSTRA STORIA Il centrocampista Romolo Alzani" (en italiano). 6 de marzo de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2022.