RAINBOW
RAINBOW | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ayumi Hamasaki | ||||
Publicado | 2002 | |||
Gravación | 2002 | |||
Duración | 71 min, 52 s | |||
Xénero(s) | J-Pop | |||
Selo(s) | avex trax | |||
Produtor | Max Matsuura | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
RAINBOW é o quinto álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 18 de decembro do ano 2002 baixo o selo avex trax.
Información
[editar | editar a fonte]Este é o primeiro álbum onde Ayumi Hamasaki intenta introducir letras en inglés nas súas cancións e tamén onde participou máis na composición das mesmas. O álbum debutou no número 1 das listas de Oricon e foi o segundo álbum máis vendido do ano 2002 no Xapón. A pesar de que este foi o primeiro álbum que non rompeu o rexistro dos dous millóns de copias vendidas (vendeu 1.870.000 copias), para algúns dos fans é un dos mellores en canto a calidade, e sen dúbida unha fonte de fermosas baladas da artista.
Neste álbum Ayumi tratou de participar máis nas composicións, por iso é que se ve nomeada en case tódolos créditos baixo o seu alias de compositora (CREA), en especial en composicións xunto con Dai Nagao, quen usa o pseudónimo de D-A-I.
Crese que debido as múltiples promocións realizadas para o álbum, en especial remarcando o feito de que ela mesma escribira e compuxera a maioría das cancións, e foi no seu momento o álbum de peores vendas, Ayumi deixou de tomar parte nas composicións de maneira activa para deixarlle a tarefa os compositores que a acompañaron desde hai anos. Tamén varias cancións que non eran orixinalmente sinxelos foron promocionadas dentro de comerciais para a televisión, como "Heartplace", "Real me" e "Everywhere Nowhere" para produtos Panasonic, e "We Wish" para os cosméticos de KOSÉ.
Lista de temas
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
0. | RAINBOW |
1. | Everlasting Dream |
2. | We Wish |
3. | Real me |
4. | Free & Easy |
5. | Heartplace |
6. | Over |
7. | Hanabi |
8. | Taskinillusion |
9. | Everywhere Nowhere |
10. | July 1st |
11. | Dolls |
12. | Neverending Dream |
13. | Voyage |
14. | Close to you |
15. | Independent+ |
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Lista | Máxima posición | Vendas na primeira semana | Vendas totais | Semanas |
---|---|---|---|---|---|
18 de decembro, 2002 | Oricon Daily Albums Chart | #1 | |||
18 de decembro, 2002 | Oricon Weekly Albums Chart | #1 | 1,016,482 | 1,857,870 | 22 |
18 de decembro, 2002 | Oricon Yearly Albums Chart | #2 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Título | Máxima posición | Semanas | Vendas |
---|---|---|---|---|
24 de abril, 2002 | "Free & Easy" | #1 | 9 | 486,520 |
24 de xullo, 2002 | "H" | #1 | 24 | 1,016,000 |
26 de setembro, 2002 | "Voyage" | #1 | 28 | 679,463 |
Vendas acumuladas dos sinxelos: 2,181,983
Vendas acumuladas dos sinxelos e o álbum: 4,039,853