Quimperlé
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Finistère | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.313 (2021) (388,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921712 Q114359662 | ||||
Superficie | 31,73 km² | ||||
Altitude | 35 m-2 m-83 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Michaël Quernez (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | quimperle.bzh |
Quimperlé (Kemperle en bretón),[1] é unha comuna francesa do departamento de Finistère, na rexión da Bretaña.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Qumimperlé está situada no sueste do departamento de Finistère, a 19,7 km de Lorient e a 44 km de Quimper.
O nome Quimperlé ven de "kemper", que significa confluencia en bretón, e de "Ellé", un dos ríos que atravesan a localidade. Efectivamente, o Ellé e o Isole conflúen á altura de Quimperlé para dar lugar a La Laïta, unha ría de 15 km que foi navegábel noutro tempo e que permitiu a aparición dun porto en Quimperlé.
A nivel urbano distínguese claramente a cidade baixa, situada na confluencia dos ríos e polarizada historicamente pola abadía da Sainte-Croix, da cidade alta, xurdida ao redor da igrexa de Saint-Michel.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1901 | 1936 | 1954 | 1968 | 1975 | 1990 | 2007 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 4 549 | 5 617 | 6 114 | 9 036 | 9 335 | 10 030 | 10 698 | 10 907 | 10 748 | 10 877 | 12 052 |
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Alta Idade Media debeu existir un primeiro asentamento bretón que foi destruído no ano 868 debido a unha incursión normanda. A cidade, unha vez reconstruída, tomou o nome actual.
Segundo a tradición, o 14 de setembro de 1029 foi fundada a abadía beneditina da Sainte-Croix, que se arrequeceu rapidamente e espertou a cobiza dos condes de Cornualla e despois dos duques da Bretaña. Non en van o xeógrafo árabe Al Idrisí aseguraba en 1154 que "Kimberlik" era «unha cidade ben situada, pequena e animada, que posúe mercados activos e moitas industrias». No século XIII o duque Xoán I o Vermello mandou construír unha muralla para protexer a cidade baixa.
Durante o século XVI Quimperlé non se librou das perturbacións orixinadas polas guerras de relixión francesas, e incluso chegou a ser brevemente ocupada en 1594 polo exército español comandado por Juan del Águila. No século XVIII o comercio marítimo debilitouse debido á sedimentación na La Laïta, porén a actividade industrial aumentou, impulso que se acentuaría no século XIX.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista exterior co mercado
-
Coro da abadía
-
Retablo do século XVI
-
Complexo escultórico do "Santo Enterro"
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quimperlé |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Quimperlé no INSEE (en francés).
- Oficina de turismo Arquivado 30 de xullo de 2021 en Wayback Machine. (en francés).
- Información cultural (en francés).