Pronolagus
Pronolagus Lebres das rochas | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina antiga de Pronolagus crassicaudatus (descrita como Lepus crassicaudatus). | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Lepus crassicaudatus I. Geoffroy, 1832 | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Pronolagus é un xénero de mamíferos da orde dos lagomorfos, familia dos lepóridos.
Inclúe tres especies de lebres, segundo a maioría dos autores, distribuídas polo sur de África e coñecidas vulgarmente como lebres das rochas, debido a os terreos rochosos nos que habitan.[1]
Estas especies posúen trazos físicos e comportamentais anteriores aos doutras lebres desde o punto de vista evolutivo, e a miúdo son consideradas como coellos.
Características
[editar | editar a fonte]Algunhas características dos animais deste xénero son a falta dun óso interparietal nos adultos, un espazo no mesopterigoide que é máis estreito que a lonxitud mínima do padal duro, as orellas curtas (entre os 63 e os 106 mm) e a falta dunha raia na mandíbula.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1904 polo zoólogo estadounidense Marcus Ward Lyon,[3][4] en Smithsonian Miscellaneous Collection, 45: 416.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Pronolagus está formado polos elementos do latín científico prono- e -lagus. O primeiro deriva da preposición pro 'diante de' (ralacionada co prefixo do grego antigo πρό- ou πρo- pró- ou pro-, de πρό 'diante', 'adiante', diante de'). E o segundo, do substantivo grego λαγός lagós, 'lebre'. Literalmente 'as primeiras lebres'.
Especies
[editar | editar a fonte]A maioría dos autores recoñecen no xénero as seguintes tres especies:[3][4]
- Pronolagus crassicaudatus (I. Geoffroy 1832)
- Pronolagus radensis Jameson 1907
- Pronolagus rupestris (A. Smith 1834)
Porén, na Encyclopedia of Life consideran dúas máis:[6]
- Pronolagus caucinus Thomas 1929
- Pronolagus ruddi Thomas & Schwann 1905
Por outra parte, os expertos da UICN recoñecen unha cuarta, Pronolagus saundersiae,[7] incluída como subespecie de Pronolagus rupestris en Mammal Species of the World.[8]
Historia taxonómica
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero foron previamente clasificadas no xénero Lepus, por Gray,[9] ou no Oryctolagus, por Forsynth Major.[10]
O xénero Pronolagus foi proposto por Marcus Ward Lyon en 1904, baseándose nun esqueleto de Lepus crassicaudatus I. Geoffroy, 1832.[5] Máis tarde, Lyon recoñeceu o traballo de Oldfield Thomas e Harold Schwann, que argumentaron que un espécime en particular pertencía a unha especie que denominaron Pronolagus ruddi Thomas & Schwann 1905;[11] e escribiu que a especie tipo do xénero "debería ser Pronolagus crassicaudatus Lyon (non I. Geoffroy) = Pronolagus ruddi Thomas & Schwann".[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kowalski, K. 1981, p. 349.
- ↑ Robinson, T. J. (1982): "Key to the South African Leporidae (Mammalia: Lagomorpha)". South African Journal of Zoology. 17 (4): 220–222.
- ↑ 3,0 3,1 Pronolagus Lyon, 1904 en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Pronolagus Lyon, 1904 no ITIS
- ↑ 5,0 5,1 Lyon, Jr., Marcus Ward (1903) [1904]. "Classification of the Hares and their Allies". Smithsonian Miscellaneous Collections. 45 (1456): 416–420.
- ↑ Pronolagus Lyon 1904 na EOL.
- ↑ IUCN (2018-06-30). "Pronolagus saundersiae: Robinson, T.J., Child, M.F. & Matthee, C.M.: The IUCN Red List of Threatened Species 2019: e.T136713A45194657" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2019-1.rlts.t136713a45194657.en.
- ↑ Hoffmann, R. S. & Smith, A. T. (2005): "Order Lagomorpha". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds), Mammal Species of the World, pp. 185-211.
- ↑ Gray, J. E. (1867): "Notes on the Skulls of Hares (Leporidæ) and Picas (Lagomyidæ) in the British Museum". Annals and Magazine of Natural History. 3rd ser. 20 (117): 223.
- ↑ Forsyth Major, C. I. (1899): "On Fossil and Recent Lagomorpha". Transactions of the Linnean Society of London. 2nd Series: Zoology. 7 (9): 514.
- ↑ Thomas, Oldfield & Schwann, Harold (1905): "The Rudd Exploration of South Africa.——III. List of the Mammals obtained by Mr. Grant in Zululand". Proceedings of the Zoological Society of London (1): 272–275.
- ↑ Lyon, Jr., Marcus W. (1906): "Type of the Genus Pronolagus". Proceedings of the Biological Society of Washington. 19: 95.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pronolagus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pronolagus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kingdon, J. (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. 2nd ed. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-2531-2. (Capítulo: Rock-Hares Pronolagus, pp. 304–306).
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.