[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Presidente de Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidente da República de Cuba


DuraciónCinco anos con posibilidade dunha reelección.
Creación12 de abril de 1869
Primeiro titularTomás Estrada Palma
Sitio web[1]

O Presidente da República de Cuba, é dende a proclamación da Constitución de 2019, o xefe de Estado de Cuba e o xefe das Forzas Armadas Revolucionarias. É electo, xunto co Vicepresidente e o Consello de Estado, pola Asemblea Nacional do Poder Popular por un período de cinco anos re-elixibles para un segundo mandato.

Historia do cargo

[editar | editar a fonte]

Dende 1869 até 1878 e desde 1895 até 1899, nos últimos anos do dominio colonial español o presidente da República de Cuba en armas era a máxima autoridade executiva en tempos de guerra, no conxunto dos territorios liberados polos independentistas, sen que existise o Estado independente.

De 1902 a 1906 e de 1909 a 1976 o presidente da República de Cuba era o xefe de Estado na república presidencial, primeiro, e do goberno revolucionario, a partir de 1959 .

Desde 1976 até 2019, e segundo a Constitución de 1976, a Presidencia foi o órgano colexiado chamado Consello de Estado (cuxo presidente era o presidente do país) auxiliado polo Consello de Ministros. A partir da proclamación e entrada en vigor da Constitución cubana de 2019, retómase a fórmula usada antes de 1976, onde o Xefe de Estado é chamado Presidente da República de Cuba.

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Presidente da República de Cuba (1902 - 1976)

[editar | editar a fonte]
Orde Imaxe Nome Inicio Fin Partido Notas
1.º Tomás Estrada Palma 20 de maio de 1902 28 de setembro de 1906 Partido Moderado Primeiro Presidente constitucional de Cuba, despois de que Estados Unidos recoñecese a independencia plena. Renunciou en 1906 pola presión popular.
2.º José Miguel Gómez 28 de xaneiro de 1909 20 de maio de 1913 Partido Liberal Presidente constitucional, tras os Estados Unidos ter concluída a súa terceira intervención na illa.
3.º Mario García Menocal 20 de maio de 1913 20 de maio de 1921 Partido Conservador Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos (1913-1917 e 1917-1921), o segundo gañado por fraude.
4.º Alfredo Zayas y Alfonso 20 de maio de 1921 20 de maio de 1925 Partido Popular Cubano - Liga Nacional Presidente constitucional.
5.º Gerardo Machado 20 de maio de 1925 12 de agosto de 1933 Partido Liberal Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos, no segundo implantou unha ditadura criminal. Renunciou ante o pulo revolucionario do pobo.
6.º Alberto Herrera y Franchi 12 de agosto de 1933 13 de agosto de 1933 Independente Provisional.
7.º Carlos Manuel de Céspedes y Quesada 13 de agosto de 1933 5 de setembro de 1933 Provisional, derrocado pola Sublevación dos Sarxentos, dirixida por Fulgencio Batista.
8.º Ramón Grau San Martín 10 de setembro de 1933 15 de xaneiro de 1934 Provisional. Primeiro mandato. Goberno non recoñecido polos Estados Unidos. Derrocado por Batista.
9.º Carlos Hevia 15 de xaneiro de 1934 18 de xaneiro de 1934 Interino. Renunciou.
10.º Manuel Márquez Sterling 18 de xaneiro de 1934 18 de xaneiro de 1934 Interino. Só exerceu durante seis horas. Renunciou.
11.º Carlos Mendieta 18 de xaneiro de 1934 11 de decembro de 1935 Unión Nacional Provisional. Renunciou.
12.º José Agripino Barnet y Vinageras 11 de decembro de 1935 20 de maio de 1936 Provisional.
13.º Miguel Mariano Gómez 20 de maio de 1936 24 de decembro de 1936 Presidente constitucional. Destituído polo Senado da República de Cuba, ante as presións de Batista.
14.º Federico Laredo Bru 24 de decembro de 1936 10 de outubro de 1940 Presidente constitucional.
15.º Fulgencio Batista 10 de outubro de 1940 10 de outubro de 1944 Coalición Socialista Democrática Presidente constitucional. Primeiro mandato.
16.º Ramón Grau San Martín 10 de outubro de 1944 10 de outubro de 1948 Partido Revolucionario Cubano (Auténtico) Presidente constitucional. Segundo mandato.
17.º Carlos Prío Socarrás 10 de outubro de 1948 10 de marzo de 1952 Presidente constitucional. Derrocado por un golpe militar dirixido por Batista.
18.º Fulgencio Batista 10 de marzo de 1952 1 de xaneiro de 1959 Partido Acción Unitaria Presidente de facto desde o 10 de marzo de 1952. Presidente constitucional desde o 24 de febreiro de 1955. Segunda presidencia, que foi unha sanguenta ditadura. O estalido da Revolución Cubana fixo que renuncise o 1 de xaneiro de 1959
19.º Anselmo Alliegro 1 de xaneiro de 1959 2 de xaneiro de 1959 Independente Interino. Vicepresidente do presidente Batista. Rexeitou formar goberno e sucedeulle Carlos Pedra e Pedra, ministro da Corte Suprema.
20.º Manuel Urrutia Lleó 2 de xaneiro de 1959 17 de xullo de 1959 Presidente provisional. Primeiro presidente desde o triunfo da Revolución Cubana. Renunciou. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro.
21.º
Osvaldo Dorticós Torrado 17 de xullo de 1959 2 de decembro de 1976 Organizacións Revolucionarias Integradas, Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba, Partido Comunista de Cuba Presidente da República. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro.

Presidente do Consello de Estado da República de Cuba (1976-2019)

[editar | editar a fonte]
Orde Imaxe Nome Inicio Fin Partido Notas
22.º Fidel Alejandro Castro Ruz 3 de decembro de 1976 24 de febreiro de 2008 Partido Comunista de Cuba Primeiro ministro, desde 1959 a 1976. Presidente do Consello de Estado, desde 1976 a 2008.
23.º Raúl Modesto Castro Ruz 24 de febreiro de 2008 19 de abril de 2018 Presidente do Consello de Estado.
24.º Miguel Mario Díaz-Canel 19 de abril de 2018 10 de outubro de 2019 Presidente do Consello de Estado.

Presidente da República de Cuba (2019-presente)

[editar | editar a fonte]
24.º Miguel Mario Díaz-Canel 10 de outubro de 2019 actualidade Partido Comunista de Cuba Presidente da República de Cuba. Coa entrada en vigor da nova Constitución de 2019, recupérase a antiga denominación de Presidente da República.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Os dous últimos históricos da Revolución saen do Consello de Estado de Cuba". Sermos Galiza. 11 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.